portada30

Equipo Directivo

Eleccións ó Consello Escolar

Hoxe 29 de novembro celébranse as eleccións ó Consello Escolar.

Ó longo do día constituiranse as distintas mesas electorais, pola mañán a do alumnado, persoal non docente e profesorado e pola tarde, dende as 18:00 ata as 20:00 estará aberta a mesa de nais/pais e responsables do alumnado. Sempre é importante a participación!!

Premio "Día Internacional contra a violencia de xénero"

Os alumnos IRIA MÍGUEZ PREGO, FRANS-CHRISTIAN DE ROO RIVADULLA e  SARA ELISA CAAMAÑO VIÑO, de 1º de Bacharelato de Artes, veñen de conseguir o 1º premio no CONCURSO DE IMAXES GRÁFICAS ao mellor deseño de cartel para celebrar o DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO convocado pola Secretaría Xeral de Igualdade e a Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa.

A súa profesora de Plástica, Montserrat  Amigo, foi a encargada de coordinar a súa participación no concurso.

Os premiados recollerán o premio na Cidade da Cultura o vindeiro 25 de novembro.

A imaxe amosa o cartel gañador. 

Moitos parabéns!

cartel

Canal Sar

Hoxe inauguramos Canal Sar. Vai ser un canal audiovisual no que aparecerán eventos, noticias e actividades do alumnado que se realicen no instituto.

Exposición Premio Luís Ksado coa participación de alumnado do IES de Sar

A partir deste martes día 4 poderedes visitar no Museo do Pobo Galego as series gañadoras e seleccionadas no 16º Premio Luís Ksado de Creación Fotografía, entre as que está a serie titulada "La escoria rebelde" do fotógrafo compostelá Fuco Reyes. Trátase dunha serie na que traballou o pasado ano cos alumnos do IES de Sar. Estamos moi agradecidos a Fuco por pensar no noso centro para realizar algunhas das súas achegas fotográficas dos últimos anos.
Na súa web podedes ver algunhas destas obras:
 
 

DENEGADA SOLICITUDE DE NOVA PARADA DE TRANSPORTE ESCOLAR

A XEFATURA TERRITORIAL DA CORUÑA vén de denegar a demanda que o IES de SAR fixo en xullo dunha nova parada do transporte escolar denominada CUÉTARA (MI-0153-22).

Noraboa ao alumnado de 2º de Bacharelato polos excelentes resultados acadados na ABAU na Convocatoria EXTRAORDINARIA

O equipo docente do IES de Sar queremos dar a noraboa ao alumnado de 2º de Bacharelato polos resultados acadados tanto no bacharelato como nos exames das probas ABAU da convocatoria extraordinaria de xullo, na que se acadou un 94% de aprobados do alumnado presentado, sendo esta porcentaxe 34 puntos maior que a media galega (60%).

Esperamos que isto continúe no próximo curso 22-23. Desexámosvos o mellor.

Noraboa ao alumnado de 2º de Bacharelato polos resultados acadados

O equipo docente do IES de Sar queremos dar a noraboa ao alumnado de 2º de Bacharelato polos resultados acadados tanto no bacharelato como nos exames das probas  ABAU da convocatoria de xuño, nesta primeira convocatoria acadouse un 98% de aprobados sendo esta porcentaxe 5 puntos maior que a media galega (93%).

Esperamos que isto continúe na próxima convocatoria do mes de xullo. Desexámosvos o mellor.

Unha actriz do IES de Sar

Resumo do protocolo de xestión epidemiolóxica

 

Para ampliar a imaxe facer clic sobre ela

No caso de que un autotest de Antíxenos sexa positivo, debe comunicarse obrigatoriamente o Centro de Seguemento do Coronavirus (CSC) mediante o teléfono 881540045 ou na páxina web coronavirus.sergas.gal

No momento en que o CSC notifique ó centro dito positivo , as faltas xustificaránse.

Documento completo

Novas recomendacións preventivas para contactos estreitos

O subcomité clínico que asesora á Xunta de Galicia na xestión da pandemia pola covid-19, vén de acordar na súa xuntanza do 17/03/2022, deixar de recomendar o uso das máscaras nos espazos ao aire libre dos centros educativos da comunidade a partir do 21/03/20122. Ver o documento

 

 

Minuto de silencio en homenaxe aos mariñeiros do buque Villa de Pitanxo

 Maña xoves 17 de febreiro, ás 12:00 faremos un minuto de silencio en memoria dos falecidos no naufragio do buque Villa de Pitanxo de Marín . Dende a comunidade educativa do IES de Sar, as nosas condolencias e todo o apoio ás familias e compañeiros da  tripulación

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer