portada30

Complementarias

Proxecto de vida activa e deportiva (PVAD

Este curso, o noso centro puxo en marcha un Proxecto de vida activa e deportiva (PVAD) para loitar contra o sedentarismo e a inactividad física, buscando o incremento da práctica de actividades físicas.
O alumnado de 1° de Bacharelato E foi andando ata Belvìs, como bos peripatéticos que son (así se fan chamar), para practicar a lectura na sesión de clase que tiveron de Lingua castelá e literatura.
Grazas a Zoraida Barral Rodríguez pola iniciativa e polas fotografías. A primeira que compartimos vale para unha boa campaña da lectura!
 

Fantásticos libros feitos polo alumnado de Proxectos Artísticos en 1° de Bacharelato de Artes

Fantásticos libros feitos polo alumnado de Proxectos Artísticos en 1° de Bacharelato de Artes con Montse Amigo.

 

 

Instalación do alumnado que cursa Proxectos Artísticos en 1° de Bacharelato de Artes

Instalación do alumnado que cursa Proxectos Artísticos en 1° de Bacharelato de Artes con Sonia Dopazo, a quen lle agradecemos as fotografías da iniciativa que nos fai chegar.

 

 

Tarde emotiva na Coruña

Tarde emotiva hoxe na Coruña, acompañando ás nosas alumnas de 1° de Bacharelato de Artes, que foron seleccionadas no 19 Premio de Fotografía Xurxo Lobato: Mara Martínez Prado, Katarina Mélikhova, Ana Salgueiro Torres e Uxía Pereiro Freiría.
Estar seleccionadas neste certame xa é un recoñecemento importante, pero ademais conseguiron o 2° premio, Mara Martínez, e unha Mención de Honra, Katarina Mélikhova.
Moitísimos parabéns ás catro!
 
 
Galería:
 

Traballos do alumnado do Bacharelato de Artes feitos na materia de Proxectos Artísticos

Traballos do alumnado do Bacharelato de Artes feitos na materia de Proxectos Artísticos con Montse Amigo e Sonia Dopazo.

 

 

Esta mañá Pancho Lapeña, un dos nosos profesores de Filosofía, compartiu todo o seu talento como artista co alumnado de 1° de Bacharelato de Artes

Esta mañá Pancho Lapeña, un dos nosos profesores de Filosofía, compartiu todo o seu talento como artista co alumnado de 1° de Bacharelato de Artes. Unha charla fantástica que lles encantou a todos os que puideron escoitala.

 

 

Moitos parabéns a Lucía Aldao e á súa banda

Moitos parabéns a Lucía Aldao e á súa banda, á que pertence a nosa compañeira Analís Guillín como batería, por este merecidísimo Premio Martín Códax polo seu proxecto PAVA.

 

 

Temos moita sorte de ter entre nós a toda esta xente marabillosa que canta coma os paxaros.

Temos moita sorte de ter entre nós a toda esta xente marabillosa que canta coma os paxaros.
O Coro da Ra ensaia todas as semanas no noso instituto e estamos moi orgullosos de que sexan parte da familia do Sar.
 

No IES de Sar estamos moi contentos e orgullosos de que Gloria Pavía teña conseguido o Premio Martín Códax da Música na modalidade de Música Emerxente

No IES de Sar estamos moi contentos e orgullosos de que Gloria Pavía teña conseguido o Premio Martín Códax da Música na modalidade de Música Emerxente.
Desde que estivo entre nós estudando, sabiamos que había chegar moi lonxe no mundo da música.
Talento e delicadeza nunha voz inconfundible.
 

Moitos parabéns ás nosas tres alumnas que resultaron seleccionadas no 19 Concurso de Fotografía Xurxo Lobato

Moitos parabéns ás nosas tres alumnas que resultaron seleccionadas no 19 Concurso de Fotografía Xurxo Lobato.
O vindeiro 23 de maio, no IES Monelos da Coruña, daranse a coñecer os premiados. Que haxa sorte para elas, aínda que estar seleccionadas nun concurso que leva o nome dun dos grandes fotógrafos deste país xa é un gran premio.
 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer