portada30

O Club de Ciencias pecha o curso organizando a Feira das Ciencias

O Club de Ciencias pecha o curso organizando a Feira das Ciencias. Durante as catro horas centrais da mañá do xoves, o alumnado do Club de Ciencias amósalle, ao resto do alumnado da ESO, diferentes experimentos e proxectos, acompañado polo profesorado dos distintos departamentos que participou no Club de Ciencias este curso.
A Feira estaba dividida en 8 postos, 2 de cada departamento:
Bioloxía e Xeoloxía:
- Por onde respiran as plantas? ESTOMAS
- Bólas de restos de alimentos non dixeridos por algunhas aves: EGRAGÓPILAS
Matemáticas:
- Papiroflexia: Bicos de despedida
- Cubos de Rubik
Tecnoloxía:
- Plásticos: Poliacrilato de sodio e poliespán
- Robótica
Física e Química
- Cambio de cores, maxia? Non, Química!
- Separación de cores, maxia? Non, Física!
Moitas grazas a Mercedes Monteagudo e a Pamen García polos fotos e pola coordinación da iniciativa.
 
 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer