As probas libres teñen por finalidade permitir ás persoas participantes obteren directamente algún dos títulos de técenico ou de técnico superior de formación profesional.
- Requisitos das persoas solicitantes: ter 18 anos para optar aos títulos de técnico, ter 20 anos para optar aos títulos de técnico superior, ou 19 anos no caso de posuír xa o título de técnico... (preme para máis información)
- Lugar de presentación de solicitudes: As solicitudes de inscrición para participar nestas probas libres de formación profesional presentaranse na secretaría do Centro, aínda que este non sexa o centro elixido en primeira opción.
- Prazo de presentación: do 17 de abril ás 9:00 ata o 30 de abril ás 13:00
- E se tes dúbidas.... achégate polo centro, ou chama á administración: pregunta por Candy no teléfono 881 960 137. Estaremos encantados de axudarche.