Avda. de Ourense, s/n - 36940 CANGAS. +34 986 303 933; ies.rodeira@edu.xunta.gal Matrícula, certificados: secretaria@edu.xunta.gal
O alumnado de 2º Bacharelato deberá acudir á entrega de notas o xoves 16 ás 9h e, a continuación, pasar pola secretaría para:
Se algún alumno tiver dúbidas sobre as materias nas que matricularse para realizar a ABAU pode consultar nese día ou o luns 20 en orientación ou xefatura de estudos.
PREZOS TÍTULO BACHARELATO E ABAU
OLLO!!!! Non pagar antes do xoves, 16 de maio
O alumnado, para ter dereito ós prezos de familia numerosa, ten que presentar o Libro de Familia numerosa actualizado (non é o libro de familia).
Matrícula gratuita ABAU: Persoas con discapacidade (>= 33%), vítimas de terrorismo ou de violencia de xénero e persoas beneficiarias da prestación do ingreso mínimo vital.
Os fillos de pais/nais que sexan funcionarios das 3 Universidades de Galicia terán matrícula gratuita. Deberán acreditar a súa vinculación mediante certificación dos respectivos Servizos de Persoal e fotocopia do libro de familia.
Traede 2 fotocopias do DNI.
Último día de presentación do pago das taxas para a ABAU: LUNS, 20 de maio