Avda. de Ourense, s/n - 36940 CANGAS. +34 986 303 933; ies.rodeira@edu.xunta.gal Matrícula, certificados: secretaria@edu.xunta.gal
O alumnado dos ciclos de Xestión Administrativa e Servizos Administrativos visitou o mércores, 10 de abril, a central de Gadisa en Betanzos e o Centro de Tratamento Automatizado de Correos en Santiago de Compostela.
Na súa visita a Gadisa, coñeceron a historia, liñas de negocio, distribución e as instalacións do centro de distribución que ten a compañía no Polígono da Piadela para a zona Galicia e Norte de España.
Oficinas centrais de Gadisa
En Santiago de Compostela, nas inmediacións do aeroporto de Lavacolla, están as instalacións do Centro de Tratamento Automatizado de Correos para Galicia (CTA Santiago). Alí coñeceron de primeira man como se fai a revisión, etiquetado e clasificación da toda correspondencia e paquetería nacional e internacional.
Entrada principal da CTA de Correos de Santiago.
O primeiro, antes de entrar na nave, precísanse os equipos de protección individual (EPI).