Avda. de Ourense, s/n - 36940 CANGAS. +34 986 303 933; ies.rodeira@edu.xunta.gal Matrícula, certificados: secretaria@edu.xunta.gal
PROXECTO N.º: 2023-1-ES01-KA131-HED-000122071
OBXECTO:
O Equipo de Programas Internacionais convoca ao alumnado de ciclos formativos do IES de Rodeira a participar nas mobilidades de prácticas Erasmus+ que se realizarán durante o presente curso.
PRAZO:
O prazo de presentación das solicitudes é dende o día 20 de febreiro de 2024, data da publicación desta convocatoria, ata o día 27 de febreiro de 2024, ambos inclusive.
SOLICITUDES:
Para poder participar nas mobilidades Erasmus+ do presente curso 2023/24:
1. Será necesario cumprimentar e enviar o formulario publicado na Web do centro.
2. Superar o proceso selectivo.
3. Tendo en conta o país de destino deberase cumprir co protocolo COVID-19 establecido no país correspondente.
REQUISITOS PARA PARTICIPAR NO PROGRAMA:
- A persoa interesada deberá estar matriculada nun Ciclo no IES de Rodeira e reunir os requisitos legais para acadar o título do ciclo formativo en xuño de 2024. No caso de Ciclo Superior tamén poderá optar o alumnado que teña en marzo acceso á Formación nos Centros de Traballo (FCT).
- O/a estudante deberá presentar a solicitude de participación no programa ERASMUS+ nos prazos establecidos que estarán publicados no taboleiro de anuncios e na páxina web do centro.
- A comisión de valoración poderá decidir, en base ao informe de Orientación e o equipo directivo, sobre a idoneidade dun participante para formar parte no proceso de selección en base ao seu grado de madurez, responsabilidade, flexibilidade, equilibrio emocional e adaptabilidade para afrontar con éxito un cambio de vida, costumes e contornas.
CRITERIOS DE EXCLUSIÓN
Poderá ser excluído do proceso selectivo ou da participación nunha mobilidade:
- O alumnado que teña sido obxecto, durante a realización do ciclo, de calquera tipo de medida disciplinaria ou estea a cumprir unha pena imposta por sentenza xudicial
- As persoas que non presenten os documentos requiridos dentro dos prazos establecidos (formulario de solicitude, currículo Europass, carta de presentación, tarxeta sanitaria europea, etc.) ou que non asistan ás entrevistas de selección do proxecto.
- O equipo de programas internacionais, logo de analizar a valoración feita polo equipo docente, pode decidir a exclusión do candidato/a que amose unha falta de responsabilidade (non asistencia a actividades propostas: clases de idiomas, reunións…), para realizar a mobilidade.
O alumnado que por motivos de forza maior renuncie a participar na mobilidade, deberá comunicalo por escrito xustificando eses motivos.
FASES E CRITERIOS DE PUNTUACIÓN DO PROCESO DE SELECCIÓN:
A selección de candidatos/as estará baseada nos mesmos criterios e ponderacións que se detallan nas Bases reguladoras e convocatoria de adhesión de centros educativos de FP da provincia de Pontevedra para formación dun consorcio de mobilidade no marco do proxecto que se presentará á convocatoria Erasmus+ 2023 (BOPPO núm. 20, do luns, 30 de xaneiro de 2023).
O xoves 7 de marzo de 2024 farase pública unha relación provisional de candidatos ERASMUS+.
Unha vez rematado o período de alegacións, o mércores, 13 de marzo de 2023, farase pública a listaxe definitiva.
COMITÉ DE AVALIACIÓN
A Comisión que valorará aos solicitantes de bolsa ERASMUS+ para MOBILIDADE DE PRÁCTICAS estará constituída por:
- Un membro do equipo directivo.
- Un membro do equipo de orientación.
- Un membro do equipo de programas internacionais.
- Os/as xefes/as de departamento das tres familias profesionais dos ciclos do centro.
- O coordinador da FCT no caso de realizar a FCT de ciclo superior.
PUBLICACIÓN DA LISTAXE DE PERSOAS SELECCIONADAS.
Vistos os resultados das distintas fases do proceso selectivo, a Comisión de Avaliación confeccionará unha listaxe na que os candidatos/as aparecerán ordenados/as de maior a menor puntuación, indicando o alumnado seleccionado e o que formará parte da lista de reserva.
O resultado provisional farase público no taboleiro de anuncios do centro e na web o día 7 de marzo de 2024.
Para presentar unha reclamación, poderase entregar un escrito dirixido á Comisión de Avaliación ata tres días naturais despois da emisión dos resultados, e enviado ao enderezo programaseuropeos@iesrodeira.gal.
O 13 de marzo de 2024 publicarase o listado definitivo.