Avda. de Ourense, s/n - 36940 CANGAS. +34 986 303 933; ies.rodeira@edu.xunta.gal Matrícula, certificados: secretaria@edu.xunta.gal
O pasado venres 22 de abril, o IES de Rodeira participou na décimo terceira edición da Olimpíada Galega de Economía na Faculdade de Economía da Universidade da Coruña. Realizaron a proba as alumnas Lucía Fasero e Sheyla Garrido (ambas de 2º de bacharelato E), xunto con outros 130 alumnos de todo o país.
Da primeira proba, un tipo test de 30 preguntas de teoría, pasaron os 15 mellores. Lucía acadou a segunda mellor nota e Sheyla quedou ás portas, ao quedar por unha pregunta fóra. Na segunda parte da proba, debían realizar dous supostos prácticos de economía e un comentario de texto sobre unha nova de actualidade relacionada co mundo empresarial.
Despois duns momentos de incertidume, anunciaron o segundo posto para Lucía Fasero. Agora participará representando a Galiza na Olimpíada Estatal entre o 20 e o 22 de xuño na cidade de Sevilla. Parabéns e moita sorte!!
Faro de Vigo: https://www.farodevigo.es/o-morrazo/2022/04/24/alumna-rodeira-logra-segundo-puesto-65309177.html