Entrar

 

     Avda. de Ourense, s/n - 36940 CANGAS. +34 986 303 933; ies.rodeira@edu.xunta.gal Matrícula, certificados: secretaria@edu.xunta.gal     

Día contra a violencia de xénero

Coma tódolos anos o alumnado do IES de Rodeira saíu á rúa no Día Internacional contra a Violencia de Xénero para dar lectura a un manifesto no que deron voz as 37 mulleres asasinadas polas súas praellas no que vai de ano e pediron que "oxalá a nosa sociedade mande ao exilio por fin aos príncipes azuis. Oxalá queime eses libros que gardan ditos tan antigos como "quen ben te quere ha de te facer chorar". Tamén clamaron por que se "libere ás mulleres que son "putas" por quererse e querer en liberdade. Oxalá que poidamos reciclar todos os filmes e libros que mitifican o amor romántico, ese amor opresor, sinistro e implacábel. Oxalá que as redes sociais, que marcan o noso presente e navegan connosco cara ao futuro, nos liberen de comentarios e comportamientos machistas”.

Pancarta do IES de Rodeira

Reivindicaron a igualdade entre homes e mulleres comprometéndose a dar apoio ás víctimas de violencia de xénero e que consigan sair desa situación; a exigir as administracións recursos e medidas de protección ás mulleres e aos nenos e nenas a denunciar calquera acto violento por cuestións de xénero, tanto no instituto como no ámbito socioafectivo.

Rapaces durante a lectura do manifesto