Entrar

 

     Avda. de Ourense, s/n - 36940 CANGAS. +34 986 303 933; ies.rodeira@edu.xunta.gal Matrícula, certificados: secretaria@edu.xunta.gal     

El proyecto "Óptimus" del IES Rodeira, premio Depoemprende

O alumnado de 2º curso do Ciclo Superior de Administración de Sistemas Informáticos en Rede do IES de Rodeira obtivo o segundo premio, na categoría de ciclos superiores, co seu proxecto “Optimus”, no certame demoday promovido pola Deputación de Pontevedra no marco da actividade Depoemprende na FP.

Foto dos gañadores

É preciso destacar o gran nivel de todos os proxectos participantes, o gañador foi o denominado “Tupperdición” presentado polo CIFP Carlos Oroza de Pontevedra.

O alumnado de Rodeira ideou un proxecto que consiste na creación dun script, pequeno programa, que permite optimizar o rendemento de equipos informáticos que empregan Windows 10 como sistema operativo, e que por ser anticuados poidan ter unha resposta lenta. Este script está dispoñible para a súa descarga na web optimus.iesrodeira.com, a única versión dispoñible polo momento é a free, que mellora o tempo de arrinque do equipo e limpa rexistros innecesarios.

Ademais do recoñecemento ao seu esforzo e dedicación para sacar adiante esta idea emprendedora, o premio conta cunha dotación de 500€. Esta foi unha experiencia moi enriquecedora, que sen dúbida contribuíu a mellora das capacidades do alumnado e seralles de axuda na súa inserción laboral, que comezará xa nos próximos días ao iniciar as súas prácticas en empresas do sector informático da provincia de Pontevedra.