Avda. de Ourense, s/n - 36940 CANGAS. +34 986 303 933; ies.rodeira@edu.xunta.gal Matrícula, certificados: secretaria@edu.xunta.gal
Para a teleformación todo o alumnado debe dispoñer dunha conta na Aula Virtual do IES de Rodeira, a canle principal de comunicación entre alumnado e profesorado durante esta crise.
Os pasos a seguir son:
1) Crear unha conta de alumna/o na Aula Virtual do IES de Rodeira, se non se dispón de unha xa.
No seguinte vídeo ilústrase o sinxelo proceso de creación dunha conta na Aula Virtual. É preciso dispor dunha conta de correo electrónico (preferiblemente de Gmail, pois permite utilizar prestacións adicionais).
2) Para cada materia (matemáticas, etcétera) inscribirse no curso correspondente.
No seguinte vídeo amósase o proceso. A chave de inscrición é: iesderodeira.
3) Para cada curso, seguir as instrucións indicadas pola profesora ou profesor, no curso.
Para un correcto funcionamento da teleformación é moi importante que cada alumna/o estea pendente do correo electrónico utilizado na creación da conta da Aula Virtual, así como das instrucións que cada profesora ou profesor indica no seu curso.
Grazas pola colaboración e ánimos.