Avda. de Ourense, s/n - 36940 CANGAS. +34 986 303 933; ies.rodeira@edu.xunta.gal Matrícula, certificados: secretaria@edu.xunta.gal
Os Programas de Centro que temos actualmente vixentes son os que se detallan a continuación:
O programa consiste en deseñar, executar e avaliar un proxecto relacionado cos hábitos de vida activa e saudable, buscando o incremento diario de actividade física que realizan o alumnado, tanto dentro como fora do centro, e a medición do impacto que ten este incremento da carga de actividade física realizada na saúde dos escolares.
Plataforma de valoración da condición física saudable DAFIS.
O programa consiste no desenvolvemento dun proxecto relacionado coa prevención da violencia de xénero dentro do ámbito educativo.
Intervir coa poboación máis nova para previr a violencia de xénero e a escola é o medio ideal para acceder a esa poboación xuvenil e poder introducir valores igualitarios e libres de estereotipos sexistas, así como para facilitarlles pautas para a detección precoz desas situación de violencia de xénero.
Proxecto Ríos é un programa de educación e voluntariado ambiental promovida por Augas de Galicia e a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, impulsado e coordinado por ADEGA, que pretende involucrar á cidadanía na conservación dos ecosistemas fluviais. Mediante a proposta de desenvolvemento por equipos interdisciplinarios nos centros educativos galegos do proxecto “Adopta un río” preténdese desenvolver os valores relacionados coa conciencia de respecto e protección do medio ambiente. A través de charlas e saídas formativas proporcionaranse as ferramentas básicas que garantan a participación activa e colaborativa do alumnado. Os centros de ensino poden traballar esta iniciativa dentro dos distintos departamentos (elaboración de roteiros, deseño de blogs, limpezas de ríos, elaboración de material multimedia etc.) e incluílo no seu proxecto educativo e na súa programación xeral anual.
O programa consiste en elaborar e desenvolver un proxecto relacionado coa innovación educativa en dinamización da lingua galega no centro de ensino. Para iso, o centro, mediante un traballo en equipo, planificará e desenvolverá accións innovadoras que impliquen e fomenten o uso da lingua galega e á vez promovan o coñecemento cultural para garantir a plena competencia comunicativa.
Dada a nova realidade social na que nos movemos e os novos retos que nos propón o futuro, precísase que o uso do galego se amplíe nos centros e se prolongue no ámbito que os rodea, de xeito que a mocidade galega atope nel espazos onde se comunicar con normalidade na lingua propia de Galicia.
Consulta as nosas últimas novas no noso blog: lingualizate.blogspot.com
Séguenos no Instagram: @lingualizat
Correspondentes xuvenís é un programa que pretende contar cunha "antena informativa" en cada centro educativo. Será alumnado que se responsabilice de recoller a información que se lles envíe desde Xuventude, Espazo Xove ou OMIX do seu concello e de difundila entre o resto do alumnado do centro, contando co apoio do persoal do centro coordinador de información xuvenil e co profesorado participante no programa.
Os/as correspondentes terán as seguintes funcións:
Podes visitar tamén a galería de actividades completa dos programas de centro