IES de Rodeira. Avda. de Ourense, s/n - 36940 CANGAS. +34 986 303 933; ies.rodeira@edu.xunta.gal Matrícula, certificados: secretaria@edu.xunta.gal
Os correspondentes xuvenís do IES de Rodeira comezaron a xestionar o taboleiro informativo que temos na entrada no instituto. Durante o curso podedes consultar tódalas novidades sobre actividades, becas, concursos, etc. que vaian aparecendo.