Avda. de Ourense, s/n - 36940 CANGAS. +34 986 303 933; ies.rodeira@edu.xunta.gal Matrícula, certificados: secretaria@edu.xunta.gal
O alumnado de 1º da ESO participará nunha actividade de sendeirismo e escalada organizada polo departamento de EF en Donón.
O alumnado de 2º de Bacharelato asistirá a Conferencia EDUCACIÓN S. XXI CONCHA MONJE "Intelixencia Artificial en robótica: retos y oportunidades".
Visualizarase en streaming dende o instituto entre as 11:00h e as 12:15 h aproximadamente.
O alumnado de 2º da ESO e 1º de Bach asistirá a unha actividade de surf na praia de Patos organizada polo departamento de EF.
A saída do instituto será ás 9:20h e o regreso ás 14:00h.
O alumnado de Proxecto Competencial de 1º da ESO xunto cos alumnos de 3º ESO E visitarán a biblioteca de Cangas.
O alumnado de 1ºBACH asistirá na aula de usos múltiples do IES a unha charla sobre a leucemia.
Os horarios serán os seguintes:
1ºBACH C e D, de 8:30h a 9:20h
1ºBACH A e B, de 9:20h a 10:10h
Alumnado de 3º da ESO viaxará a Marín para disfrutar dunha mañá no ECOPARQUE de Marín.
Sairá ás 9:20h e regresará ás 14h.
O alumnado de 3º da ESO de Proxecto Competencial visitará QUENLLA CÓMICS en Cangas.
O alumnado de 3º da ESO asistirá á obra teatral GOLFA que trata sobre o acoso virtual.
A actividade será na sede da Afundación de Abanca en Vigo.
O departamento de francés organiza as seguintes actividades referentes a celebración de Samaín:
1ºESO - concurso de cabazas no hall do IES
2ºESO - concurso fotográfico
3ºESO - concuso postres no hall do IES
4ºESO - decoración das aulas
O alumnado de 1º BACH, CICLOS MEDIOS E SUPERIOR asistirá na aula de usos múltiples do IES a unha charla sobre a leucemia.
Os horarios serán os seguintes:
O alumnado de 4º da ESO de Proxecto Competencial, coñecerá á Biblioteca de Soutomaior mediante unha visita guiada. Na mesma, terá a oportunidade de visitar unha exposición denominada "AS CARAS DOS LIBROS".
O alumnado do clube de Manga acudirá ós Cines Norte en Vigo para ver a película "El chico y la garza".
*Debido ás alertas metereolóxicas, pode que se teña que suspender.
A escritora de literatura infantil e xuvenil Chiki Fabregat, terá un encontro na bibilioteca do IES de Rodeira co alumnado de 2º da ESO e co alumnado de 3º ESO E.
Esta actividade está financiada polo Ministerio de Cultura e Deporte.
O alumnado participante no intercambio de Berlín asistirá a un curso en Cangas dende as 11.00h ata as 14h.