Avda. de Ourense, s/n - 36940 CANGAS. +34 986 303 933; ies.rodeira@edu.xunta.gal Matrícula, certificados: secretaria@edu.xunta.gal
O alumnado de primeiro de bacherelato realizará unha saída o luns 10 de outubre, organizada polo Departamento de Educación Física, consistente na práctica de surf na praia de Patos en Nigrán.
O alumnado de 1º ESO realizarán unha actividade de Bolos Celtas no pavillón do instituto, co seguinte horario:
1º ESO C de 10:30 ás 11:20 h.
1º ESO D de 11:20 ás 12:10 h.
1º ESO B de 12:30 ás 13:20 h.
1º ESO A de 13:20 ás 14:10 h.
O alumnado de 3º ESO realizará unha saída ao ECOPARQUE o martes 18 de otubre, para realizar un circuito arbóreo. No horario de 9:10 até ás 14:00 h.
O alumnado de 2º ESO realizará unha saída, o mércores 19 de outubre, para realizar un circuito de probas de habilidade en Vigo. No horario de 9:20 até as 14:45 h.
O alumnado de 3º de ESO asistirá a unha conferencia impartida por Raúl Curra, na aula anexa á biblioteca, co seguinte horario:
O alumnado de 2º ESO realizará unha saída, o mércores 26 de outubre, para realizar un circuito de probas de habilidade en Vigo. No horario de 9:20 até as 14:45 h. En caso de que chova a actividade volverá a aprazarse.
O xoves 27 de outubro celebramos o Samaín nas dúas últimas sesións lectivas, con actividades diseñadas polo equipo de Dinamización da Lingua Galega.
O alumnado de 1º e 2º de Formación Profesional Básica realizará, o mércores 2 de novembro, o obradoiro "Hackeando o machismo" na aula de FPB1.
O xoves, 3 de novembro ás 14:30 h. celebrarase a primeira xuntanza, deste curso, do clube de lectura "Vaidelibros". Falarase sobre o libro "Léxico familiar" de Natalia Ginzburg.
O alumnado de 1º de ESO realizará unha saída, o luns 7 de novembro, para practicar surf na praia de Patos.