Avda. de Ourense, s/n - 36940 CANGAS. +34 986 303 933; ies.rodeira@edu.xunta.gal Matrícula, certificados: secretaria@edu.xunta.gal
O alumnado de 3º ESO B e C asistiu o 27 de setembro á Casa da Cultura para participar na homenaxe a Bernardino Graña polo seu noventa aniversario, mediante a lectura dos seus poemas.
Farase a recepción no pavillón do instituto polo equipo directivo para explicar as cuestións fundamentais do centro. A seguir cada familia acompañará á persoa titoria á aula de referencia do grupo do seu/súa fillo/a.
O alumnado de 1º de Bacharelato participará, o próximo luns 3 de outubro, nunha exhibición do xogo de "O Bolo Celta" no seguinte horario:
O alumnado de 2º ESO realizará nas tres primeiras sesións, do mércores 5 de outubro, tres obradoiros de traballo colaborativo no centro.
Os obradoiros desenvolveranse dende as 8:30 h. até as 11:00 h.
O alumnado de primeiro de bacherelato realizará unha saída o luns 10 de outubre, organizada polo Departamento de Educación Física, consistente na práctica de surf na praia de Patos en Nigrán.
O alumnado de 1º ESO realizarán unha actividade de Bolos Celtas no pavillón do instituto, co seguinte horario:
1º ESO C de 10:30 ás 11:20 h.
1º ESO D de 11:20 ás 12:10 h.
1º ESO B de 12:30 ás 13:20 h.
1º ESO A de 13:20 ás 14:10 h.
O alumnado de 3º ESO realizará unha saída ao ECOPARQUE o martes 18 de otubre, para realizar un circuito arbóreo. No horario de 9:10 até ás 14:00 h.
O alumnado de 2º ESO realizará unha saída, o mércores 19 de outubre, para realizar un circuito de probas de habilidade en Vigo. No horario de 9:20 até as 14:45 h.