Avda. de Ourense, s/n - 36940 CANGAS. +34 986 303 933; ies.rodeira@edu.xunta.gal Matrícula, certificados: secretaria@edu.xunta.gal
Hoxe xoves 22 de setembro ás 19h farase entrega dos libros asignados a cada familia polo fondo solidario de libros de texto en préstamo para o curso 22-23 para 3º ESO e 4º ESO.
Deberán vir provistos de identificación persoal para asinar a declaración responsábel.
Mañá venres 23 de setembro está convocada unha folga de alumnado contra o "cambio climático" para 3º da ESO e niveis superiores.
O alumnado de 3º ESO B e C asistiu o 27 de setembro á Casa da Cultura para participar na homenaxe a Bernardino Graña polo seu noventa aniversario, mediante a lectura dos seus poemas.
Farase a recepción no pavillón do instituto polo equipo directivo para explicar as cuestións fundamentais do centro. A seguir cada familia acompañará á persoa titoria á aula de referencia do grupo do seu/súa fillo/a.
O alumnado de 1º de Bacharelato participará, o próximo luns 3 de outubro, nunha exhibición do xogo de "O Bolo Celta" no seguinte horario:
O alumnado de 2º ESO realizará nas tres primeiras sesións, do mércores 5 de outubro, tres obradoiros de traballo colaborativo no centro.
Os obradoiros desenvolveranse dende as 8:30 h. até as 11:00 h.
O alumnado de primeiro de bacherelato realizará unha saída o luns 10 de outubre, organizada polo Departamento de Educación Física, consistente na práctica de surf na praia de Patos en Nigrán.