IES de Rodeira. Avda. de Ourense, s/n - 36940 CANGAS. +34 986 303 933; ies.rodeira@edu.xunta.gal Matrícula, certificados: secretaria@edu.xunta.gal
Está aberto o período de admisión para todo o alumnado de centros non adscritos que desexe cursar no 2023-2024 no IES de Rodeira. Poden consultar as vacantes en cada nivel, grupo e modalidade, así como a documentación necesaria.
Se queren realizar presencialmente o trámite, poden pasar en horario de secretaría do centro: de luns a venres de 9h00 a 14h00 e os martes das 16h00 ás 19h00.
Informamos que todo o alumnado dos centros adscritos que solicitaron praza para 1º ESO no IES de Rodeira para o curso 2023-2024 foi admitido.
Así mesmo, todo o alumnado que solicitou praza para 1º de Bacharelato dos centros adscritos foi admitido no itinerario solicitado.
Nos taboleiros do instituto publicaranse os listados co alumnado admitido.
RESERVA DE PRAZA EN CENTRO ADSCRITO
PRAZO: do 16 de xaneiro ao 6 de febreiro
MODOS: Pódese facer a través dun dos seguintes:
1. Aplicación <admisionalumnado> (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado)
2. No centro de orixe presentando solicitude en papel
No IES de Rodeira está aberto o prazo de matrícula para 2º e 4º da ESA duranto o prazo do 9 ao 17 de xaneiro.
As clases comenzarán o luns 6 de febreiro en horario de 16:00 a 20:30.
O prazo para a inscripción ás probas de acceso a ciclos superiores para o curso 2023 estará aberto entre o 23 de xaneiro e o 3 de febreiro.
O requisito é ter dezanove anos ou facelos no ano natural de realización da proba.
Deberase cubrir a solicitude a través da aplicación ”Ciclosprobas” (https://www.edu.xunta.gal/ciclosprobas) que xerará un documento PDF co formulario normalizado de solicitude, anexo II (código de procedemento ED312D), que a persoa interesada deberá imprimir e posteriormente presentar no centro de inscrición.
No caso de solicitantes menores de idade poderán realizar a solicitude a través da aplicación informática as persoas titulares da patria potestade ou os representantes legais.
A comunidade educativa do IES de Rodeira quere desexarlles un Bo Nadal e Feliz Ano Novo.
O centro abrirá para calquera cuestión administrativa que precise os días 3 e 4 de xaneiro, voltando ás aulas con normalidade o luns 9 de xaneiro.
Poden pórse en contacto vía correo electrónico (ies.rodeira@edu.xunta.gal).
O pasado 1 de decembro, a Xunta Electoral, á vista das actas das mesas electorais de cada sector, proclamou os candidatos electos e suplentes representantes dos docentes, familias e alumnado que se relacionan no documento que se achega.