IES de Rodeira. Avda. de Ourense, s/n - 36940 CANGAS. +34 986 303 933; ies.rodeira@edu.xunta.gal Matrícula, certificados: secretaria@edu.xunta.gal
Achegamos o calendario coas probas extraordinarias de 2º Bacharelato os días 19, 20 e 21. Dado que se trata dunha convocatoria oficial nas datas sinaladas pola Consellaría a asistencia é prescritiva e obrigatoria para a superación das materias, non podendo xustificar a ausencia.
O pasado martes 30 de maio tivo lugar a presentación de CIR, SLS, un proxecto de empresa simulada no que as alumnas do CFGS de Administración e finanzas do noso centro estiveron traballando ao longo de todo este curso 22-23.
O 19 de maio de 2023 foi publicada no Diario Oficial de Galicia a ORDE do 10 de maio de 2023 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos
PREZOS TÍTULO BACHARELATO E ABAU
OLLO!!!! Non pagar antes do xoves, 18 de maio
O alumnado de 4º de secundaria asistirá o mércores, 31 de maio, a unha conferencia a cargo de Orgullo Galego sobre a presenza do galego nas redes, creadores de contidos en galego,...
Será no salón de plenos do Concello de 11:00 a 12:00 h.
Nos taboleiros do centro foron publicadas as relacións de alumnado admitido ao IES de Rodeira para o curso 2023-24 para os diferentes cursos e niveis educativos.
Co gallo do Día Mundial da Poesía o sábado 18 de marzo, entre as 11 da mañá e as 14 horas, estiveron presentes na libraría Wells de Cangas a profesora de Lingua Castelá Diana Almeida e a prestixiosa tradutora Béatrice Pepin para rematar a campaña de "animación á leitura e escritura poética e a súa difusión" que levou a cabo Diana.
O xoves, 16 de febreiro, o club de lectura Vaidelibros do IES de Rodeira, contou coa presenza de Carme Varela. Autora de "As desterradas", obra teatral gañadora do Premio Álvaro Cunqueiro para textos teatrais 2020.
Carme Varela é tamén membro da Asociación O sorriso de Daniel, que ten como obxectivo a conservación e rexistro das mostras artísticas do medioevo galego.