IES de Rodeira. Avda. de Ourense, s/n - 36940 CANGAS. +34 986 303 933; ies.rodeira@edu.xunta.gal Matrícula, certificados: secretaria@edu.xunta.gal
Achégase relación de alumnado participante na mobilidade Erasmus+ a Nantes (Francia) coa correspondente baremación das suas solicitudes.
Achégase a publicación do resultado da baremación do alumnado solicitante dunha mobilidade individual de curta duración para unha estadía en Francia.
Achégase listado de alumnado solicitante para a bolsa Erasmus+ 2023-KA121 no proxecto "As viaxes extraordinarias" coa visita a Nantes. A información tamén foi publicada no taboleiro de Programas Europeos do IES de Rodeira.
Achegamos o calendario de exames e probas de materias pendentes para o 2023-2024.
Tamén se pode consultar no apartado "Calendarios 23-24".
Foi publicado no taboleiro de Programas Europeos do IES de Rodeira o alumnado seleccionado para a bolsa Erasmus+ 2023-KA121 no proxecto "Recuperando espazos" coa visita a Berlín.
O alumnado suplente poderá participar no proxecto como colaborador, dentro das condicións que se indicarán a cada un.
Nos vindeiros días seralles comunicados os pasos a dar e a documentación necesaria.
Achégase listado de alumnado solicitante, feitas as comprobacións oportunas e reclamacións. O baremo e admisión publicaranse o vindeiro martes 3 de outubro.
Ábrese o prazo para presentar solicitudes de alumnado que desexen participar no proxecto Erasmus+ "Recuperando Espazos" que inclúe unha viaxe educativa a Berlín.
As persoas interesadas deberán presentar a solicitude cuberta xunto con fotocopia do DNI, carta motivadora e calquera outra documentación acreditativa que precisen.
A aula Mentor do IES de Rodeira ten novo horario este ano académico 2023-2024:
Os Departamento de Debuxo e de Programas Europeos queren lembrar ás familias do alumnado interesado, que mañá luns 18 de setembro, teremos unha xunzanta informativa, ás 19h00, na Aula de Usos Múltiples do centro, co fin de explicar en que o proxecto de intercambio a Berlín (Friedrich-Ebert-Gymnasiums, Berlin-Wilmersdorf) e poder responder ás dúbidas que poid