Avda. de Ourense, s/n - 36940 CANGAS. +34 986 303 933; ies.rodeira@edu.xunta.gal Matrícula, certificados: secretaria@edu.xunta.gal
Celebrouse a día de hoxe, 24 de abril de 2024, o sorteo para outorgar o premio entre o alumnado participante na saída do "Camiño de Santiago", resultando o boleto número 0414.
Parabéns á persoa agraciada! Xa pode pasar por dirección para recoller o premio.
O alumnado dos ciclos de Xestión Administrativa e Servizos Administrativos visitou o mércores, 10 de abril, a central de Gadisa en Betanzos e o Centro de Tratamento Automatizado de Correos en Santiago de Compostela.
O alumnado de 2º ESO realizará os vindeiros 10 e 11 de abril as probas diagnóstico en lingua galega, castelá, inglés e matemáticas. Pode ampliar a información no documento que se achega.
XA TEMOS AS OBRAS FINALISTAS PARA O I PREMIO DE BANDA DESEÑADA "TINTA DE LURA"
Comeza un novo curso de capacitación dixital o vindeiro mércores 10 de abril até o 12 de xuño das 16h ás 19h.
Para calquera persoa que non estea a cursar estudos regrados no ensino.
É totalmente gratuíto e certificarase a asistencia.
Todo o alumnado que presentou solicitude de admisión neste centro en prazo ordinario está admitido para o vindeiro curso 2024/25.
Se estás interesado, escríbenos: cangas@aulamentor.es
Prazas limitadas
+Información: https://www.aulamentor.es/nueva-convocatoria-cursos-gratuitos-mentor-2024/
O Ministerio de Educación e Formación Profesional (MEFP) publicou, no BOE do 15/03/2024, o Anuncio da Convocatoria de bolsas de carácter xeral para o curso 2024/25 para estudantes que cursen estudos postobrigatorios (bacharelato, FP básica, ciclos formativos e estudos universitarios).