Entrar

 

     Avda. de Ourense, s/n - 36940 CANGAS. +34 986 303 933; ies.rodeira@edu.xunta.gal Matrícula, certificados: secretaria@edu.xunta.gal     

blogue deadmin

Abre os ollos 2017

Iníciase o prazo de Admisión de Alumnado 2016/2017

 Proceso de Admisión de Alumnado 2016/2017

IES de Rodeira

Do 1 ao 29 de marzo de 2016 ábrese o prazo para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos para o curso 2016-2017. Podes descargar a información dispoñible nos seguintes enlaces:

 

Axudas para a adquisición de material escolar

Dende mañá 2 de setembro de 2015 e ata o 1 de outubro estará aberto o prazo para a solicitude de axudas para a adquisición de material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación secundaria.

A axuda terá un importe de 50 euros por alumno/a que reúna os requisitos previstos na orde e cando a renda per cápita familiar no ano 2013 sexa igual ou inferior a 5.400 euros.

Na páxina da Sede electrónica está dispoñible o impreso para realizar a solicitude así como toda a documentación requerida. Tamén se pode recoller no propio instituto.

DOG nº 166 do 1 de setembro de 2015

Aberta unha Segunda Convocatoria de axudas para a adquisición de material escolar,  podes consultar as condicións na sede electrónica da xunta. O prazo de presentación remata  o  18 de Novembro de 2015

 

Horario de Presentacións do Curso 2015/2016

Neste documento podes descargar o horario de presentacións do Curso 2015/2016 que é o seguinte:

DATA DE INICIO DO CURSO:  MARTES 15 DE SETEMBRO DE 2015

 

  • 1º ESO - 10:00
  • 2º ESO - 10:30
  • 3º ESO - 11:00
  • 4º ESO - 11:30
  • 1º BAC - 12:00
  • 2º BAC - 12:30
  • FP BÁSICA - 13:00
  • CICLOS FP - 13:30
  • ADULTOS: CICLOS/EBI/ESA - 17:00
  • CICLOS DISTANCIA - 19:00

Solicitudes para as axudas para dos libros (cheque)

As datas para solicitar as axudas dos libros de texto (cheque):

  • 1º ESO: 6 xullo
  • 3º ESO: 7 xullo

Orde reguladora das axudas (Orde do 22 de maio de 2015)

IMPORTANTE: A data de publicación da listaxe de libros para o curso 2015-16 non será antes do 1 de xullo

Datas para realizar a matrícula no curso 2015-16

As datas de matrícula para o curso 2015-16:

  • 1º ESO: 25 xuño
  • 2º, 4º ESO: 26 xuño
  • 3º ESO: 29 xuño
  • 1º BACH: 1 xullo
  • 2º BACH: 2 xullo

Carta Erasmus

Ao noso instituto foille concedida a Carta Erasmus.

A Carta Erasmus posibilita aos nosos alumnos a viaxar ao extranxeiro para completar e mellorar a súa formación, así como ampliar as posibilidades de atopar un bo traballo.

Podes obter máis información no seguinte enlace: http://erasmusiesrodeira.wordpress.com

Relación de Saídas e Visitas do Alumnado no Mes de Abril

Neste documento podes ver a relación de saídas previstas neste mes de Abril.

V Xornadas de Orientación Académica e Profesional

O 24 e 25 de marzo de 2015 terá lugar no Auditorio de Cangas as V Xornadas de Orientacin Académica e Profesional. Toda a información no seguinte enlace.

 

Distribuir contido