Entrar

 

  IES de Rodeira. Avda. de Ourense, s/n - 36940 CANGAS. +34 986 303 933; ies.rodeira@edu.xunta.gal Matrícula, certificados: secretaria@edu.xunta.gal

Celebración do Día contra a Violencia de Xénero

O Próximo mércores día 25, con motivo da Celebración do Día contra a Violencia de Xénero, o alumnado e profesorado do centro participará nunha cadea humana ata a Praza das Pontes a partir das 11:30 da mañán, incorporándose tamén ao acto institucional organizado polo Concello coa participación dos demais centros educativos de Cangas.

Charla sobre a Libre Elección Hospitalaria

O ANPA do IES de Rodeira vos invita a unha charla-coloquio  a cargo da Plataforma en Defensa da Sanidade Pública sobre a libre eleccion de hospital, que se realizará o próximo martes día 24 ás 19:00 na sala de Usos Múltipes do IES de Rodeira.

 

Axudas para a adquisición de material escolar

Dende mañá 2 de setembro de 2015 e ata o 1 de outubro estará aberto o prazo para a solicitude de axudas para a adquisición de material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación secundaria.

A axuda terá un importe de 50 euros por alumno/a que reúna os requisitos previstos na orde e cando a renda per cápita familiar no ano 2013 sexa igual ou inferior a 5.400 euros.

Na páxina da Sede electrónica está dispoñible o impreso para realizar a solicitude así como toda a documentación requerida. Tamén se pode recoller no propio instituto.

DOG nº 166 do 1 de setembro de 2015

Aberta unha Segunda Convocatoria de axudas para a adquisición de material escolar,  podes consultar as condicións na sede electrónica da xunta. O prazo de presentación remata  o  18 de Novembro de 2015

 

Horario de Presentacións do Curso 2015/2016

Neste documento podes descargar o horario de presentacións do Curso 2015/2016 que é o seguinte:

DATA DE INICIO DO CURSO:  MARTES 15 DE SETEMBRO DE 2015

 

  • 1º ESO - 10:00
  • 2º ESO - 10:30
  • 3º ESO - 11:00
  • 4º ESO - 11:30
  • 1º BAC - 12:00
  • 2º BAC - 12:30
  • FP BÁSICA - 13:00
  • CICLOS FP - 13:30
  • ADULTOS: CICLOS/EBI/ESA - 17:00
  • CICLOS DISTANCIA - 19:00

Contratación do Servicio de Xestión e Explotación da Cafetería do IES de Rodeira

Dende o día 7 ao 21 de xullo poderán presentarse as solicitudes para a xestionar e explotar a cafetería do IES de Rodeira, Podes consultar as bases do concurso neste enlace.

Listaxe de Libros para o Curso 2015/2016

Neste enlace podes ver a listaxe de libros necesarios para o curso 2015/2016.

Calendario de Exames de Setembro

Xa está dispoñible o calendario de exames de setembro, que podes descargar neste enlace.

Información sobre o fondo de Libros do IES de Rodeira

Podes descargar aquí a listaxe provisional de solicitudes admitidas para o fondo de libros existentes. A listaxe de existencias de libros que ten o fondo ata agora podes obtela neste enlace. Aínda quedan  pendentes os libros a entregar tras os exames de setembro.

Solicitudes para as axudas para dos libros (cheque)

As datas para solicitar as axudas dos libros de texto (cheque):

  • 1º ESO: 6 xullo
  • 3º ESO: 7 xullo

Orde reguladora das axudas (Orde do 22 de maio de 2015)

IMPORTANTE: A data de publicación da listaxe de libros para o curso 2015-16 non será antes do 1 de xullo

Datas para realizar a matrícula no curso 2015-16

As datas de matrícula para o curso 2015-16:

  • 1º ESO: 25 xuño
  • 2º, 4º ESO: 26 xuño
  • 3º ESO: 29 xuño
  • 1º BACH: 1 xullo
  • 2º BACH: 2 xullo
Distribuir contido