Entrar

 

  IES de Rodeira. Avda. de Ourense, s/n - 36940 CANGAS. +34 986 303 933; ies.rodeira@edu.xunta.gal Matrícula, certificados: secretaria@edu.xunta.gal

Magosto 2017

O 13 de novembro celebrouse o San Martiño no noso centro cun gran Magosto. 

Podes acceder ao álbum completo de fotos.

 

Folga de alumnado o 16 de novembro

A Dirección do IES de Rodeira INFORMA que en reunión extraordinaria da Xunta de Delegadas/os de grupo do día 14 de novembro de 2017, esta decidiu SECUNDAR A CONVOCATORIA DE FOLGA convocada polos sindicatos de estudantes e que terá lugar o día 16 de novembro de 2017, mantendo as convocatorias dos exames programados para ese día.

As arañas invaden o Instituto de Rodeira

Imaxina por un momento que eses pequenos seres que viven no xardín aumentasen por 100 o seu tamaño e entrasen polas nosas fiestras… Este é o punto de partida do concurso creativo do Samaín que o Equipo de dinamización do IES de Rodeira organiza dentro do seu proxecto ATRÉVETE.

Araña xigante

Horario de comezo do curso 2017-18

O próximo venres 15 de setembro dará comezo o novo curso 2017-18. O horario de presentación dos distintos niveis poderase consultar no seguinte arquivo.

Calendario exames de setembro 2017

Xa está dispoñible o calendario de exames de setembro 2017 para os cursos da ESO, Bacharelato, FP Básica e ESA.

Listaxe de libros para o Curso 2017/2018

Xa podes consultar a listaxe de libros de texto e material didáctico impreso para o vindeiro curso escolar 2017/18.

 

Contratación do Servicio de Xestión e Explotación da Cafetería do IES de Rodeira

Está aberto o prazo para a presentación de solicitudes para ao servizo de xestión e explotación da cafetería do IES de Rodeira, durante o curso 2017-18. As propostas presentaranse na dirección do IES de Rodeira dende os días 3 xullo ao 18 de Xullo, ambos incluídos.

Datas de matrícula

Nos próximos días darán comezo os prazos de matrícula para as ensinanzas da ESO e Bacharelato, as datas son:

  • Xoves 29 de xuño: 1º ESO
  • Venres 30 de xuño: 2º ESO
  • Luns 3 de xullo: 3º ESO
  • Martes 4 de xullo: 4º ESO
  • Mércores 5 de xullo: 1º Bacharelato
  • Xoves 6 de xullo: 2º Bacharelato

Proceso de admisión alumnado 2017/2018 (Formación Profesional)

Para estudar formación profesional, tanto no réxime ordinario como no de persoas adultas, presencial ou a distancia, nos centros docentes sostidos con fondos públcicos, é necesario participar nun proceso de admisión.

Este proceso determina os requisitos de acceso que deben cumprir os solicitantes, así como os prazos de presentación de solicitudes e matrícula. 

Na páxina web da Consellería está toda a información publicada nas seguintes ligazóns:

Importante: Folga transporte 20/6/2017

Está convocada unha folga xeral de carácter indefinido para os martes e mércores de cada semana no sector do transporte de viaxeiros por estrada.

Esta folga ten incidencia no sector educativo os días 20 e 21 da semana en curso.

Distribuir contido