IES de Rodeira. Avda. de Ourense, s/n - 36940 CANGAS. +34 986 303 933; ies.rodeira@edu.xunta.gal Matrícula, certificados: secretaria@edu.xunta.gal
Información sobre a participación no fondo solidario de libros de texto e as axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar
Hoxe 21 de maio saiu publicada no DOG a Orde do 9 de maio de 2018 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación secundaria obrigatoria en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2018/19
O prazo de presentación de solicitudes será do 22 de maio ao 22 de xuño de 2018 por vía electrónica ou na secretaría do centro, onde se poderá recoller o impreso de solicitude.
Publícase a listaxe definitiva de alumnado de 1º de Bacharelato admitido para o vindeiro curso 2018-19.
O alumnado dos restantes niveis educativos foi admitido.
A Dirección do IES de Rodeira INFORMA que en reunión extraordinaria da Xunta de Delegadas/os de grupo do día 8 de maio de 2018, esta decidiu SECUNDAR A CONVOCATORIA DE FOLGA convocada polo Sindicato de Estudantes e que terá lugar o día 10 de maio de 2018, mantendo as convocatorias dos exames programados para ese día.
Alumnas de 2º da ESO acompañadas de profesores, participan este curso nos VI Encontros para unha convivencia positiva.
Este ano o Centro organizador foi o IES Fontexería. Abordáronse temáticas diferentes.
Para alumnos
Para alumnas
O IES de Rodeira acolle durante estes días as XIV Xornadas interculturais. Obradoiros de secundaria.
Os obradoiros desenvolvidos foron os seguintes:
A ANPA do IES de Rodeira organiza unha charla para os pais/nais do alumnado o mércores 25 de abril ás 19:00h na Sala de Usos Múltiples do instituro, baixo o título "Adicións en drogas e alcol en menores, consecuencias legais como nais e pais", impartida pola Garda Civil.
A Dirección do IES de Rodeira INFORMA que en reunión extraordinaria da Xunta de Delegadas/os de grupo do día 17 de abril de 2018, esta decidiu SECUNDAR A CONVOCATORIA DE FOLGA convocada polas asembleas de estudantes e que terá lugar o día 19 de abril de 2018, mantendo as convocatorias dos exames programados para ese día.
Publícase a listaxe provisional de alumnado de 1º de Bacharelato admitido para o vindeiro curso 2018-19. A listaxe definitiva publicarase antes do 15 de maio.
O alumnado dos restantes niveis educativos foi admitido.
Durante os días 11, 12 e 13 de abril desenvolveranse as Xornadas de Lacismo en Cangas.