Entrar

 

  IES de Rodeira. Avda. de Ourense, s/n - 36940 CANGAS. +34 986 303 933; ies.rodeira@edu.xunta.gal Matrícula, certificados: secretaria@edu.xunta.gal

Horario Para a Preparación do Selectivo

Os alumnos de Bacharelato que van a realizar o selectivo poden descargar os correspondentes horarios nos seguintes enlaces:

Axudas para adquisición de libros de texto

A dirección do IES de Rodeira

INFORMA

Que co obxecto de solicitar a participación no fondo solidario de libros de texto, axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar, de acordo co previsto na Orde do 3 de maio de 2019 pola que se regulan estas axudas (Diario Oficial de Galicia do 20 de maio de 2019), o prazo será do 21 de maio ao 21 de xuño de 2019 na secretaría do centro, onde se poderán recoller os impresos de solicitude.

 Cangas, a 21 de maio de 2019. 

Novo Boletín Oficial Xeral do IES de Rodeira 0/3

Logotipo Boinx

O BOINX (Boletín Informativo Xeral) pretende ser voceiro/calendario/taboleiro  trimestral que aspira a interconectar a nosa comunidade educativa de xeito claro, breve e áxil, complementando a web do Instituto. Envíase ao alumnado, profesorado, familias e institucións.

Adxudicación definitiva das bolsas Erasmus+ de Ciclos Medios para o ano 2019

Xa está publicado o listado coa adxudicación definitiva das bolsas de axuda Erasmus+ para os Ciclos Medios do ano 2019.

 Podes descargar o documento neste enlace

Llstado de alumnado seleccionado para as bolsas Erasmus+ de Ciclos Medios 2019

Publicouse o listado do alumnado admitido e suplente para participar na mobilidade de CICLOS MEDIOS dentro do programa Erasmus+

 Podes descargar o documento neste enlace

 

 

Caderno de Orientación académica para 4º ESO

Acábase de publicar o caderno de orientación académica para o alumnado de 4º de ESO do IES de Rodeira. Podedes descargalo na seguinte ligazón:

Tanto este caderno como o de outros cursos académicos pode ser consultado no blog Rodeira Orienta:

Curso para desempregados no IES de Rodeira

O vindeiro 14 de marzo iníciase o curso Instalación e mantemento de Telefonía e Redes no IES de Rodeira. Está dirixido a persoas de tódalas idades que estean desempregadas. A duración e de 498 horas con prácticas en empresas. A titulación exixida é a ESO ou equivalente. A inscrición faise no INEM. A proba de selección de candidatos será o 28 de febreiro, xoves.

Mais información: http://emprego.ceei.xunta.gal/afd

Relación Definitiva de Adxudicación Erasmus+

Resolución de 29 de xaneiro de 2019 da Comisión de Valoración do Proxecto Erasmus+ KA101-2018 do IES de Rodeira, pola que se publica a relación definitiva de adxudicación de mobilidades Erasmus+ de persoal docente e lista de agarda para a 2ª convocatoria.

Podes descargar o documento nesta ligazón.

Novo Boletín Oficial Xeral do IES de Rodeira 0/2

Logotipo Boinx

O BOINX (Boletín Informativo Xeral) pretende ser voceiro/calendario/taboleiro  trimestral que aspira a interconectar a nosa comunidade educativa de xeito claro, breve e áxil, complementando a web do Instituto. Envíase ao alumnado, profesorado, familias e institucións.

Cartes de voeux francophones

O IES de Rodeira pon en marcha e coordina o seu primeiro proxecto eTwinning: "Cartes de voeux francophones", que involucra a 900 estudantes de 20 centros educativos de 9 países europeos diferentes, na confección e no intercambio de tarxetas de nadal escritas en francés.

Cartes de voeux francophones

Distribuir contido