Entrar

 

  IES de Rodeira. Avda. de Ourense, s/n - 36940 CANGAS. +34 986 303 933; ies.rodeira@edu.xunta.gal Matrícula, certificados: secretaria@edu.xunta.gal

Información básica para as familias

CURSO 2020/2021
(Reunión de inicio de curso desconvocada pola situación COVID)

EQUIPO DIRECTIVO

 

Director: Noé Massó
Vicedirección: David Fernández
Xefatura de Estudos: Fernando Quinteiro
Xefatura de Estudos Persoas Adultas: Cristina del Río
Secretariado: David García

 

    Contacto

Teléfono: 986 303933
Correo:    ies.rodeira@edu.xunta.gal

Avisos e incidencias COVID

Para comunicación de incidencias relacionadas ca pandemia (cuarentenas, negativos, positivos...) ou contacto ca Coordinación Covid (COCO) pode usar o teléfono 986 303933, o correo equipocovid@iesrodeira.gal  ou o whatsapp 665262266

Soporte técnico para alumnado e familias para acceso á Aula Virtual e conta de correo

En caso de problema para acceder á Aula Virtual ou a conta de correo (e servizos asociados) @iesrodeira.gal e ter a resposta máis rápida posible, dirixe por favor a túa consulta ó correo electrónico:

soportetic@iesrodeira.gal

Moitas grazas.

Censo TIC do IES de Rodeira: solicitude para ó alumnado que non completou a enquisa

Precisamos a túa colaboración.
 
Estamos desenvolvendo o censo de recursos TIC dispoñibles polo alumando (basicamente pregunta se tes ordenador/ conexión a internet/cámara web/micrófono e cascos no fogar) que marca a normativa. 
 
 Por favor:
   1) Accede a Aula Virtual do IES de Rodeira, como explicou xa o profesorado: https://www.edu.xunta.gal/centros/iesderodeira/aulavirtual/
   2) Fai clic sobre o curso Censo TIC para alumnado.
   3) Por último, dentro xa do curso, fai clic en: Fai clic aquí para encher e remitir a túa enquisa Censo TIC
 
 
Aviso: se non che aparece o curso Censo TIC para alumnado significa que xa o completaches correctamente.
 
Nota: se non recordas como podes acceder, tes aquí un manual: Alta conta GSuite e Aula Virtual
 
Nota: por favor, se tes problemas ó acceder a Aula Virtual revisa que introduces ben os datos.
     Se aínda así non eres quen de acceder, manda por favor un correo (dende unha das contas de correo que indicaches na túa matrícula) indicando o teu nome, apelidos, curso e grupo e o problema que tes a: soportetic@iesrodeira.gal.
 
Moitas grazas pola túa colaboración!
 

Aprazamento das reunións presenciais coas familias

AS REUNIONS PRESENCIAS CAS FAMILIAS PREVISTAS PARA O LUNS 19 E O MARTES 20 DE OUTUBRO QUEDAN APRAZADAS. A información esencial será remitida as familias por outras vías.

Informacións ás familias

Agrupamos nesta páxina os principais recursos e informacións para as familias:

OFERTA EDUCATIVA (prema para acceder á presentación)

NORMATIVA DO CENTRO

Información da situación e consulta ao alumnado e familias de bacharelato

A adaptación aos novos e cambiantes protocolos de prevención complica a organización do curso 2020/21, dada a alta ocupación do noso Centro. O inicio de curso acaba de retrasarse ata o 23 de setembro. Queremos aproveitar este aprazamento para informar ao alumnado e as familias e coñecer a vosa opinión acerca das tres posibilidades de organización polas que podemos optar neste momento:

Inicio do Curso 2020/2021

A Dirección do IES DE RODEIRA subscribe o escrito presentado polas direccións de Santiago, polo que se retrasa o inicio do curso  a espera de recibir instruccións claras da Administración Educativa.

As reunións informativas cas familias e a incorporación do alumnado previstas para a vindeira semán quedan aplazadas .

Lamentamos os inconvenientes derivados desta decisión

Convocados os premios de ESO ao esforzo e á superación persoal correspondentes ao curso 2019/20

Para acceder a toda a información oficial, por favor, FACER CLIC AQUÍ.

FP Básica: comeza prazo para solicitudes de praza (picar nesta ligazón para máis información)

Ciclo Formativo ofertado: Servizos Administrativos

Postos escolares dispoñibles en 1º curso FP Básica Servizos Administrativos:

  • 18 prazas xerais

  • 2 prazas para alumnado con discapacidade recoñecida

Resumo do procedemento:

Solicitude de admisión por parte de interesadas/os
IMPORTANTE: entregar documento de consentimento de incorporación á FP Básica

do: 1 de setembro

ata: 11 de setembro (13:00h)

Publicación da listaxe de admisión e non admisión.
Presentación de reclamacións á listaxe anterior.

luns 14 setembro
do 15 ao 16 de setembro

Matrícula por parte das interesadas/os

do 14 de setembro ó 21 de setembro

 

Distribuir contido