Entrar

 

  IES de Rodeira. Avda. de Ourense, s/n - 36940 CANGAS. +34 986 303 933; ies.rodeira@edu.xunta.gal Matrícula, certificados: secretaria@edu.xunta.gal

Presentación do curso 2021/2022. Reunións coas familias

As presentacións e reunións coas familias serán nas seguintes datas:

Luns 4 de outubro

  • 18:00 - 1º ESO
  • 19:00 - 2º ESO
  • 19:30 - 3º ESO
  • 20:00 - 4º ESO

Mércores 6 de  outubro

  • 18:00 - 1º BACH
  • 19:00 - 2º BACH
  • 19:30 - FPB 1 + FPB 2

Importante:

  • Todas as reunións comezarán no PAVILLÓN, para dirixirse despois a AULA correspondente acompañados da TITORÍA
  • So poderá acudir 1 REPRESENTANTE da familia

Calendario exames de setembro da ESO e Bacharelato

Xa están establecidas as datas e horas dos exames de setembro de ESO e Bacharelato.

Podes descargar o calendario neste enlace

Convocados os premios da ESO ao esforzo e á superación persoal

Cada premio está dotado con 800€, 20 premios máximo en toda Galicia.

Lista de Libros curso 2021/22

Podes descargar a lista de libros para ESO, BACHARELATO e FP Básica do curso 2021/2022 premendo neste enlace

 

 

Novo número de BOINX

Logotipo Boinx

O BOINX (Boletín Informativo Xeral) pretende ser voceiro/calendario/taboleiro  trimestral que aspira a interconectar a nosa comunidade educativa de xeito claro, breve e áxil, complementando a web do Instituto. Envíase ao alumnado, profesorado, familias e institucións.

Está a vosa disposición no enderezo: http://www.edu.xunta.gal/centros/iesderodeira/boinx.

 

Instruccións de acceso ás probas ABAU para alumnado do IES de Rodeira

No seguinte ficheiro tes o resumo das instrucións de acceso ás probas de ABAU para o alumnado do IES de Rodeira:

Convocada axuda para compra libros de texto e material escolar curso 2021/2022

Axuda para compra de libros de texto e material escolar para alumnado que cumpra os requisitos da axuda e que comence no próximo curso 2021/2022: 1º, 2º, 3º ou 4º da ESO.

Prazo de solicitude: do venres 21 de maio de 2021 ata o martes 22 de xuño de 2021.

Pode presentarse por unha das canles seguintes:

Publicadas listaxes DEFINITIVAS de admitidos e non admitidos no proceso de admisión de ESO e BACHARELATO

Comunicamos que non houbo cambios con respecto ás provisionais:

Probas de acceso a Ciclos Formativos de FP Grao Medio

Probas de acceso a ciclos formativos

Convocatoria 2021

Prazo de inscrición: do 15 ao 26 de marzo de 2021, ambos incluídos.

Convocada pola xunta de delegados unha folga de alumnado para o luns 8 de marzo

Convocada pola xunta de delegados unha folga de alumnado para o luns 8 de marzo, reivindicando a igualdade con ocasión do Día da Muller Traballadora. Con independencia do seu seguimento, mantense a actividade habitual. 
1º e 2º ESO só poden exercer o seu dereito a folga con autorización familiar, que deberán presentar o mércores á Titoría. Para o resto do alumnado é xustificación válida a súa inscripción no listado do grupo presentado en Dirección.

Distribuir contido