Entrar

 

     Avda. de Ourense, s/n - 36940 CANGAS. +34 986 303 933; ies.rodeira@edu.xunta.gal Matrícula, certificados: secretaria@edu.xunta.gal     

Clube de lectura: Vai de libros

03/11/2022 14:30
Europe/Madrid

cartel clube lectura

O xoves, 3 de novembro ás 14:30 h. celebrarase a primeira xuntanza, deste curso, do clube de lectura "Vaidelibros". Falarase sobre o libro "Léxico familiar" de Natalia Ginzburg.

Obradoiros. Aberto o prazo de matrícula

Dende o martes 13 de setembro as 16:30 estará aberto o prazo para a matrícula en obradoiros.

Horario dos obradoiros:

Probas de nivel lingüístico alumnado de 4º ESO, Bacharelato e FP

Publicada a Resolución do 10 de xuño de 2022 de 2021, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa pola que se regula a xestión de probas de nivel lingüístico para o alumnado que curse estudos durante o curso 2022/23 en centros públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades.

O obxectivo principal destas probas é acreditar a competencia en lingua estranxeira do alumnado, nos niveis de competencia B1, B2 ou C1, descritos no Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas do Consello de Europa (MCERL), segundo corresponda.

Listaxe de libros da ESO e Bacharelato para o curso 2022-23

Na seguinte ligazón pódese descargar a listaxe de libros da ESO e Bacharelato para o curso 2022-23.

Listaxe de libros

Aberto o prazo de matrícula para a ESO de Adultos (ESA) e nas Ensinanzas Básicas Iniciais (EBI)

Actualmente encóntrase aberto o prazo de matrícula para a ESO de Adultos (ESA) e tamén para as Ensinanzas Básicas Iniciais (EBI).

As persoas interesadas poden pasar pola Secretaría do centro para solicitar máis información.

Convocadas axudas para alumnado con necesidade específica de apoio educativo 2022/2023

Publicación no Boletín Oficial do Estado:

Acollemento de familias

XORNADA PARA FAMILIAS DO ALUMNADO
SOAMENTE PARA PROXENITORES (NON ALUMNADO)

Por razóns de espazo, só pode asistir un/unha responsábel por cada alumno/a Horario acollemento familias

Farase a recepción no patio do instituto polo equipo directivo e ANPA para explicar as cuestións fundamentais do centro. A seguir cada familia acompañará á persoa titoria á aula de referencia do grupo do seu/súa fillo/a.

2º Bacharelato. Matrícula en materias condicionadas á superación das de 1º

O alumnado que se matricula en materias de 2º de Bacharelato condicionadas á superación dunha materia de 1º, poderá realizar unha acreditación para a súa superación, antes do inicio das clases lectivas.

Distribuir contido