Avda. de Ourense, s/n - 36940 CANGAS. +34 986 303 933; ies.rodeira@edu.xunta.gal Matrícula, certificados: secretaria@edu.xunta.gal
A comunidade educativa do IES de Rodeira quere desexarlles un Bo Nadal e Feliz Ano Novo.
O centro abrirá para calquera cuestión administrativa que precise os días 3 e 4 de xaneiro, voltando ás aulas con normalidade o luns 9 de xaneiro.
Poden pórse en contacto vía correo electrónico (ies.rodeira@edu.xunta.gal).
O pasado 1 de decembro, a Xunta Electoral, á vista das actas das mesas electorais de cada sector, proclamou os candidatos electos e suplentes representantes dos docentes, familias e alumnado que se relacionan no documento que se achega.
No documento adxunto pódese descargar a listaxe de candidaturas para o Consello Escolar do IES de Rodeira.
O alumnado de 3º e 4º de ESO xunto co de 2º da FPB asistiu ao acto organizado polo Concello de Cangas co motivo do "25 N ", na Praza da Palma.
O CONSELLO ESCOLAR é o instrumento de participación de todos os sectores da comunidade educativa: Dirección, profesorado, alumnado, familias e persoal non docente.
Aproba orzamentos, proxectos, expedientes e todas as decisións importantes do Centro.
O xoves 27 de outubro celebramos o Samaín nas dúas últimas sesións lectivas, con actividades diseñadas polo equipo de Dinamización da Lingua Galega.
Está aberta unha nova convocatoria de cursos gratuitos na Aula Mentor de Cangas. Os cursos son:
Prazas limitadas.
Máis información: cangas@aulamentor.es
As familias do alumnado beneficiario do cheque para a compra de material, da Xunta de Galicia, deben pasar polo centro para recoller o cheque adicional de 25 euros. Lembrade que debe vir a persoa solicitante, de non ser posible a persoa encargada de recollelo deberá traer unha autorización asinada e unha fotocopia do DNI da persoa solicitante.
Publicouse o listado dos centros benificiarios para axudas na "Certificación de linguas estranxeiras". Pode consultarse a relación de centros autorizados na seguinte ligazón.