Skip to Content

Eventos

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
Venres Maio 26, 2017
Start: 26/05/2017 10:44

Hoxe día 26 de maio, o alumnado do Ciclo Formativo de Grao Medio da familia de Actividades físicas e deportivas recibiu unha charla impartida polo profesor da Universidade de Santiago (USC) Germán Vargas. A temática versou sobre a sostenibilidade "O noso presente e futuro común". Agradecemos ao Programa A Ponte a posibilidade de acercar ao alumnado de ensinanzas postobrigatorias estas charlas específicas.

Start: 26/05/2017 13:58

Datas de realización das ABAU: 7-8-9 xuño de 2017

LUGAR: Facultade de Forestais (Campus da Xunqueira-Pontevedra)

Publicación das cualificacións provisionais: 16 de xuño ( a partir das 20:00 horas)

Solicitude de reclamación e ou segunda corrección: 17-20 de xuño

Resolucións das segundas correccións/reclamacións: 22 de xuño

Solicitude de revisión á segunda corrección: 23-27 de xuño (só para os que solicitaron a segunda corrección no prazo do 17-20 de xuño)

Recollida no instituto das tarxetas de cualificacións da ABAU: 22 de xuño

Recollida no instituto das tarxetas de cualificacións con modificacións: 26 de xuño

da resolución das solicitudes de revisión á segunda corrección: 29 de xuño

Preinscripción (solicitude de Graos Universitarios: ata 5 titulacións distintas e a mesma pódese repetir en distintos campus contabilizando como 1 única titulación): 19-30 de xuño

Listaxes de admitidos e prazos de matrícula: a partir do 11 de xullo saen semanalmente. Ollo cos prazos.Unha vez convocado tedes 3 días para realizar a matrícula on line na Universidade agás que estedes en espera en titulacións preferentes (por orde de preferencia).

Para calquera dúbida acudide ao LERDS ubicado na Facultade de Forestais, ou chamndo ao teléfono: 986801949.

Tedes máis información no enlace http://ciug.gal

 

 

Domingo Maio 28, 2017
Start: 28/05/2017 10:42

Parabéns ao noso alumnado que acadou o título de Bacharel.

Este curso 2016/2017, seis alumnos poderán concorrer aos Premios extraordinarios de Bacharelato por ter unha nota media igual ou superior a 8,75.

Achego convocatoria

 

 

Martes Maio 30, 2017
Start: 30/05/2017 14:28

A través do enlace www.usc.es/gl/servizos/sur/convocatorias podedes solicitar a praza nunha das residencias universitarias da USC para o curso 2017/2018.

O prazo de solicitde é desde o 2 de maio ata o 30 de xuño.

Achego a convocatoria

Martes Xuño 06, 2017
Start: 06/06/2017 17:10

Circular 3/2017, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para a preinscrición, admisión e matrícula nas escolas oficiais de idiomas de Galicia no curso 2017-2018.

Prazo de preinscripción:

- Para o 1º curso do Nivel Básico e básico desde o 27 de xuño ata o 6 de xullo

-Para os demais curos desde o 27 de xuño ata o 14 de setembro

O enlace para facer a preinscripción on line é www.eoidigital.com/preinsxunta

 

 

Mércores Xuño 07, 2017
Start: 07/06/2017 11:26

REQUISITOS:

Ter cursado durante o ano académico 2016/17 cuarto curso de educación secundaria obrigatoria no réxime ordinario en calquera dos centros da Comunidade Autónoma de Galicia.

Estar proposto polo equipo docente para a expedición do título de graduado en educación secundaria.

Ter obtido no conxunto dos catro cursos de educación secundaria obrigatoria unha nota media igual ou superior a 9,00 puntos. 

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado (anexo I) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede. xunta.gal

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes; comezará o día 8 de xuño de 2017 e rematará o día 7 de xullo de 2017.

Martes Xuño 13, 2017
Start: 13/06/2017 08:16

Resolución de 9 de xuño da Dirección Xeral de Educación, Formación  Profesional e Innovación Educativa pola que se ditan instrucións para a adopción das medidas necesarias para a aplicación do disposto no Real Decreto 562/2017, de 2 de xuño, polo que se regulan as condicións para a obtención do título de Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria e modelo de Consello Orientador da ESO.

Achego doc.

Start: 13/06/2017 08:21

Publicada a listaxe provisoria das cualificacións das probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio. Poderanse presentar reclamacións contra a cualificación provisoria desde o día 12 ao 16 de xuño, ambos os dous incluídos, no centro onde se presentou a solicitude de inscrición.

http://www.edu.xunta.es/fp/acceso-grao-medio-convocatoria-actual

Sábado Xuño 17, 2017
Start: 17/06/2017 20:05

O venres día 16 de xuño publicáronse as cualificacións da ABAU 2017. Parabéns ao noso alumnado. 100% de aprobados na parte xeral.

O prazo de reclamacións e segunda correccións é do 19 ao 21 de xuño, a través da aplicación NERTA.

Start: 17/06/2017 20:10

Resolución do 5 de xuño de 2017, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se convocan probas de acceso ás ensinanzas deportivas para o curso 2017/18.

  • O prazo de inscrición será o comprendido entre o día seguinte ao da publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia e o día 7 de xullo.
Luns Xuño 19, 2017
Start: 19/06/2017 13:04

Resolución do 14 de xuño de 2017 pola que se convocan prazas e axudas de aloxamento nas residencias de estudantes da Universidade de Vigo para o curso 2017/2018.

Prazo ata o 21 de xuño de 2017

enlace http://scix.uvigo.es

http://www.uvigo.es/VidaUniversitaria/comedores_aloxamento

Start: 19/06/2017 13:10

Presentación de solicitudes: do 26 de xuño ao 4 de xullo ás 13:00 horas

Listaxe provisional de solicitudes: 7 de xullo

Reclamación á listaxe provisional: do 7 ao 11 de xullo ás 13:00 horas

Listaxe definitiva de solicitudes: 18 de xullo

1ª adxudicación: 18 de xullo

Matriculación 1ª adxudicación: 18 ao 24 de xullo ás 13:00 horas

2ª adxudicación: 27 de xullo

Matriculación 2ª adxudicación: 27 ao 31 de xullo ás 13:00 horas

Máis información: www.edu.xunta.es/fpadmision-grao-medio

Distribuir contido


by Dr. Radut