FAMILIAS - ANPA O Castro
|
Horarios e profesores______________________________[Despregable]
2.º Bacharelato |
|||||||
Profesores/as | Programación | ||||||
Titora- A |
Inglés | ||||||
Historia de España | |||||||
Lingua castelá | |||||||
Micaela Rei | Lingua Galega | ||||||
Julio Otero |
Economía de empresa | ||||||
Tecnoloxía Industrial II |
Julio Otero | Fundamentos de administración e xestión |
Begoña Gómez | Métodos estatísticos e numéricos |
Olga Recio |
Francés |
Ofelia Lubián | Psicoloxía |
Olga Cabalar | Linguaxe e práctica musical |
Obradoiro de teatro | |
José Barcia | TIC II |
Manuel Vales | Relixión católica |
2ºBAC
Sorteo Cesta de Nadal (viaxe 2.º Bach.)
Enviado por admin o Lun, 18/11/2024 - 09:07Xa está dispoñible na entrada do IES o baúl de produtos de Nadal que algúns alumnos/as de 2º. bacharelato van sortear para finaciaren a súa viaxe ao CERN de Suíza en xuño de 2025. Se queres optar a levala e darlle un toque distinguido ás festas só tes de mercar as papeletas nominais que ti queiras ao módico prezo de 2 euros. Lembra que o luns, 16 de decembro procederemos a facer o sorteo que será gravado e publicado nesta web. Sorte!!!
Reunión de titorías
Enviado por admin o Sáb, 19/10/2024 - 12:222º BAC QUÍMICA MINIPROGRAMACIÓN 2024-25
Enviado por guillin o Mér, 11/09/2024 - 22:17No documento que se xunta tedes o resumo do esencial da programación deste departamento para a QUÍMICA de 2º de Bacharelato no curso 2024-25
2ºBAC FÍSICA MINIPROGRAMACIÓN 2024-25
Enviado por guillin o Mér, 11/09/2024 - 22:16No documento que se xunta tedes o resumo do esencial da programación deste departamento para a FÍSICA de 2º de Bacharelato no curso 2024-25
Libros de texto e material. Curso 2024-2025
Enviado por admin o Ven, 19/07/2024 - 10:04RELACIÓN DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL DIDÁCTICO PARA O CURSO 2024-2025 |
||||||
1.º ESO |
Programa E-DIXGAL. |
|||||
2.º ESO |
||||||
3.º ESO | Fondo solidario e axudas para material escolar |
|||||
4.º ESO | ||||||
LISTAXE COMPLETA | ||||||
1.º Bacharelato |
Banco de Libros |
|||||
2.º Bacharelato |
Megabau (Mellores Expedientes)
Enviado por admin o Ven, 21/06/2024 - 18:53Parabéns ao nosos representantes no acto de recoñecemento aos Mellores Expedientes de Galicia na ABAU 2024 (#megabau): Yara Sienra, Marcos Cordeiro e Juan Fernández.
VISITA A FORESTAL DEL ATLÁNTICO
Enviado por guillin o Mér, 22/05/2024 - 22:54
O pasado luns 13 de Maio rematamos o curso escolar en 2ºBAC e como colofón visitamos co alumnado de ciencias deste nivel as instalacións dunha das empresas "referente" da comarca. A Actividade industrial de Forestal del Atlántico é tan variada que consideramos necesario amosarlle ao noso alumnado o potencial que posúe e que está máis preto do que parece. Desde a fabricación de novolacas, o acabado de taboleiros prensados e sobre todo o prometedor proxecto de fabricación de metanol verde, para o cal xa conta coa licencia correspondente e para o que xa están reconvertindo as instalacións...Este proxecto está subvencionado pola Unión Europea e esperáse que en poucos anos use o dióxido de carbono liberado na planta de coxeneración de gas e o hidróxeno producido na electrolise de auga, para obter o metanol, materia prima de moitos procesos de síntese industrial. En definitiva, unha empresa que permitirá dar emprego a máis de 100 persoas, e que será unha das locomotoras que tire da economía da zona.
Tdoo isto nos foi explicado coa amabilidade de sempre por parte de persoal cualificado da empresa, á cal lle agradecemos a súa predisposición para publicitar a súa actividade e aproximar un pouco máis o mundo laboral a un alumnado que está a piques de entrar nel.
O que xa non acompañou moito foi a meteoroloxía, pero iso xa é outra historia ;-)
Graduación de bacharelato. Promoción 2022-2024
Enviado por admin o Dom, 19/05/2024 - 11:44O xoves,16 de maio, celebramos o acto de graduación de 2.º bacharelato correspondente á promoción 2022-2024. Moi agredecidos ao Casino Mugardés que nos cedeu as súas instalación para compartirmos o acto cos familiares a achegados.
O propio alumnado organizou e amenizou o acto coa música e visionado das imaxes do seu paso polo centro. Ademais dos emotivos discursos dos representantes dos grupos e titores, salientamos a mención das dúas matrículas de honor ás alumnas Yara Sienra e María Montenegro nas modalidades de bacharelato de ciencias e ciencias sociais, respectivamente.
Parabéns aos novos bachareis que enfrontan unha nova etapa nas súas vidas. Grazas ao profesorado que os acompañou en toda a súa traxectoria escolar. Para todas as familias, o noso recoñecemento por confiarnos unha parte importante da educación dos seus fillos e fillas.
Vento nas velas!!!
Comezo da convocatoria de bolsas MEC 2024-25
Enviado por admin o Lun, 18/03/2024 - 22:13
PARA QUE ESTUDOS PODES SOLICITAR UNHA BOLSA?
Para alumnos/a que no curso 24/25 estean matriculados/as en:
COMO SOLICITALA?.
1. ENTRA NA SEDE ELECTRÓNICA. https://sede.educacion.gob.es Todo o proceso de solicitude da bolsa realízase a través da sede electrónica do Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes.
2. REXÍSTRATE.
3.ENCHE O FORMULARIO. Unha vez dentro, tes que encher o formulario en liña. Neste paso, non che pediremos que achegues documentación porque as unidades encargadas da tramitación de bolsas consultarán todos os datos necesarios para comprobar que reúnes os requisitos para solicitala. Só en determinados supostos pedirémosche que achegas algún documento concreto.
4.IMPRIME O XUSTIFICANTE DE PRESENTACION. COMPROBA SE TE ATOPAS NALGUNHA DAS SITUACIÓNS PARA REMITIR DOCUMENTACION:
Servizo de Apoio aos Servizos Educativos . Sección de Bolsas de Estudo
|
Acreditación da competencia dixital (4º. ESO e 2.º Bach.)
Enviado por admin o Lun, 11/03/2024 - 11:08
Solicitude de inscrición na probra
|
A acreditación das competencias dixitais do alumnado que cursa 4ºESO e 2º de bacharelato no curso 2023/24 regulouse nas seguintes instrucións Información acreditación
Podedes facer a solicitude de inscrición das probas específicas na secretaría do centro ata o venres, 15 de marzo inclusive. |
Participación na Olimpíada Galega de Química (2.º Bach.)
Enviado por admin o Mar, 05/03/2024 - 21:05XLI OLIMPÍADA GALEGA DE QUÍMICA
4 representantes de 2.º Bacharelato
Santiago de Compostela
8 de marzo
Entrega notas (2.º BACHARELATO)
Enviado por admin o Dom, 03/03/2024 - 13:29Entrega de boletíns de notas - 2.º Bacharelato
2º. AVALIACIÓN
Martes, 5 de marzo
Tamén publicación en AbalarMóbiles (16:00 horas)
CHARLA USC E ABAU
Enviado por orientacion o Xov, 25/01/2024 - 22:17O mércores 24, o alumnado de 2º Bacharelato puido participar no programa A Ponte da USC para poder coñecer a nova etapa universitaria, a oferta da USC e como se desenvolverán as probas da ABAU. Acompañounos Celso, profesor universitario na Facultade de Matemáticas e colaborador do programa. Moitas grazas Celso pola túa explicación!.
Aviso: Lembrade que na aula virtual atoparedes nuns días as presentacións
CONFERENCIA NA UDC PARA O ALUMNADO DE CIENCIAS DE 2ºBAC
Enviado por guillin o Lun, 11/12/2023 - 17:10Esta mañá puidemos levar ao alumnado que cursa Física ou Química de 2ºBAC á Facultade de ciencias da Universidade de A Coruña. A idea era asistir a unha conferencia de Javier García Martínez. Seguramente non o coñezades, pero resulta que é o primeiro hispano falante (xa non só español) que preside a institución máis importante de Química no mundo, a IUPAC (International and Unique, advancing Pure and Applied Chemistry).
Un auténtico privilexio ao que acudíamos coa mosca detrás da orella por se a cousa acabase no típico "peñazo" de conferencia na que se emprega unha linguaxe fóra de lugar que descoloca ao alumnado e lle fai perder o interese...e non sei se é porque Javier preside unha organización na que a linguaxe é o eixo arredor do cal xira todo, ou se é polas súas habilidades innatas...pero temos que dicir que foi unha marabilla. Poucas veces se di tanto e tan ben. Grazas Javier por comunicar, por provocar a reflexión, por convidar ao diálogo, por amosar un punto de vista moi práctico e real do mundo da química, do pasado, do presente e do futuro. Se a isto lle engadimos que por encima é unha persoa moi humilde e próxima, pois qué máis se pode pedir. Ata nos asinou unha táboa periódica personalizada para o instituto...
O dito, un privilexio asistir esta mañá a un evento tan significativo. De paso o alumnado coñeceu un pouco as intalacións dunha facultade que para algún/algunha ata pode converterse na súa propia os próximos 4 anos ;-)
Aquí vos deixo un recordo visual...
MINIPROGRAMACIÓN QUÍMICA 2º BAC 2023-24
Enviado por guillin o Ven, 15/09/2023 - 16:59Este es el extracto con lo más importante de la programación didáctica del departamento: los contenidos y la manera de evaluarlos.
MINIPROGRAMACIÓN FÍSICA 2ºBAC 2023-24
Enviado por guillin o Ven, 15/09/2023 - 16:57Este es el extracto con lo más importante de la programación didáctica del departamento: los contenidos y la manera de evaluarlos.
Residencias e aloxamento na USC: Santiago, Lugo
Enviado por orientacion o Sáb, 10/06/2023 - 10:41Se o próximo curso escolles estudar na USC, ben sexa en Santiago ou Lugo, debes saber que a convocatoria para solicitar praza abrese ata o 27 de XUÑO ás 14:00 horas. Para coñecer algo máis da oferta de residencias e o procedemento de solicitude, preme no seguinte enlace: https://www.usc.gal/es/servizos/oiu/aloxest.html
Graduación de bacharelato. Promoción 2021-2023
Enviado por admin o Sáb, 20/05/2023 - 12:41A tarde do venres,19 de maio, celebramos o acto de despedida da flamante promoción de bacharelato 2021-2023. Foi un acto emotivo para o alumnado.
Parabéns ao novos bachareis que enfrontan unha nova etapa nas súas vidas.
Grazas ao profesorado que os acompañou en toda a súa traxectoria escolar.
Moi agredecidos ao Casino Mugardés que nos cedeu as súas instalación para compartirmos o acto cos familiares a achegados.
Para todas as familias, o noso recoñecemento por confiarnos unha parte importante da educación dos seus fillos e fillas.
Adiante!!!
Visita de Historia da Arte a Santiago de Compostela
Enviado por miguel_valencia87 o Mér, 26/04/2023 - 09:10O alumnado de Historia da Arte de 2.º Bacharelato realizou o pasado venres unha visita á cidade de Santiago de Compostela.
Finanzas para mortais (Eduemprende)
Enviado por Julio Otero o Xov, 13/04/2023 - 08:40
O pasado 29 de marzo o alumnado de Economía da empresa de 2ª de bacharelato asistiu ao obradoiro Finanzas para Mortais, promovido por Eduemprende e impartida por profesionais do mundo da banca e as finanzas do Banco Santander.
Aprenderon e recordaron conceptos base na actividade emprendedora e profesional, do mundo laboral e máis da xestión das ideas.
Recurso de reposición de bolsas de estudo do curso 2022/2023
Enviado por admin o Mar, 11/04/2023 - 09:22DATAS DE SOLICITUDE DAS BOLSAS DO MINISTERIO
Enviado por orientacion o Sáb, 18/03/2023 - 11:58En breve abrirase prazo de solicitude das becas do Ministerio. O alumnado do centro que pode solicitala é o alumnado que o próximo curso ten pensado iniciar ou continuar estudos en Ciclos formativos de FPB, Ciclos Medios ou superiores, Bacharelato e Universidade. Lembrade que a solicitude realízase online.
Se precisades axuda, solicitade cita en Orientación.
ENTREGA DE NOTAS
Enviado por admin o Xov, 16/03/2023 - 13:30Entrega dos boletíns de notas
VENRES: 17 de marzo
Publicación en ABALAR a partir das 16:00 horas.
Axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2023
Enviado por lauravinas o Sáb, 25/02/2023 - 12:16
|
A Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades convoca 643 axudas para realizar actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2023, que se distribuirán do seguinte modo: - 491 axudas para alumnado de cota de reserva - Guía confirmación praza para alumnado de cota reserva - 152 axudas para alumnado de cota xeral - Guía solicitude praza para alumnado de cota xeral Pertence á COTA DE RESERVA SÓ o alumnado ao que lle correspondería praza na convocatoria 2022. Se non ten praza adxudicada na convocatoria 2022 entón pertence á COTA XERAL. Prazo de solicitudes aberto dende o 14 de FEBREIRO ata o 13 de MARZO Poderá solicitar estas axudas o alumnado de centros sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia dos cursos que aparecen na seguinte táboa:
Para obter información ampliada sobre a convocatoria pode consultar os seguintes arquivos: |
Reportaxe fotográfica (2.º bacharelato)
Enviado por admin o Mar, 17/01/2023 - 10:53Reportaxe fotográfica
Orla 2.º bacharelato
Promoción 2021-2023