FAMILIAS - ANPA O Castro
|
Horarios e profesores______________________________[Despregable]
1.º Bacharelato |
|||||
Profesores/as | Programación | Documentos | |||
Titora - A Leticia Blanco |
Inglés |
|
|||
Titora- B Juilio Otero |
Economía | ||||
Titor - C J.J. Guillín |
Física e Química | ||||
Eva de la Torre |
Lingua galega e Literatura | ||||
Ana González | Lingua castelá e Literatura | ||||
Filosofía | |||||
Historia do Mundo Contemporáneo | |||||
Pedro Cantero |
Educación Física |
Ciencias Sociais e Humanidades | Ciencias | |||||||
José Luis Mayobre | Matemáticas aplicadas ás CCSS I | Begoña Gómez | Matemáticas I | |||||
Rafael Lago | Latín I | Ana Palmero | Bioloxía e Xeoloxía | |||||
Margarita Tato | Grego I | Marta González | Debuxo Técnico I | |||||
Raquel Sierra | Tecnoloxía e enxeñaría |
Paula Breijo | Francés |
María Fernández | Cultura científica |
Ana Palmero | Anatomía aplicada |
Marta González | Debuxo artístico I |
José Barcia | TIC I |
Manuel Vales | Relixión católica |
Reforzo e afondamento de Matemáticas I | |
Reforzo e afondamento de Inglés |
1ºBAC
Reunión de titorías
Enviado por admin o Sáb, 19/10/2024 - 12:221ºBAC FÍSICA e QUÍMICA MINIPROGRAMACIÓN 2024-25
Enviado por guillin o Mér, 11/09/2024 - 22:14No documento que se xunta tedes o resumo do esencial da programación deste departamento para 1º de Bacharelato no curso 2024-25
Libros de texto e material. Curso 2024-2025
Enviado por admin o Ven, 19/07/2024 - 10:04RELACIÓN DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL DIDÁCTICO PARA O CURSO 2024-2025 |
||||||
1.º ESO |
Programa E-DIXGAL. |
|||||
2.º ESO |
||||||
3.º ESO | Fondo solidario e axudas para material escolar |
|||||
4.º ESO | ||||||
LISTAXE COMPLETA | ||||||
1.º Bacharelato |
Banco de Libros |
|||||
2.º Bacharelato |
Calendario da convocatoria extraordinaria (Bacharelato e FPB)
Enviado por admin o Sáb, 15/06/2024 - 10:34Goodbye to Bea
Enviado por amparoarias o Dom, 09/06/2024 - 11:53Today we have the pleasure of sharing with you a very special video presented by three of our wonderful Sixth Form school students: Marta Marticorena, Ánxela Barcia and Aroa Vidal. Here, they interview our language assistant, Bea Bautista, where she talks about her country of origin, the Philippines, her experience living and working in Galicia and her favorite hobbies. This video is a unique opportunity to learn more about the Filipino culture and Bea's vision of our land.
In addition, we want to take this opportunity to say goodbye to Bea, as we do not know if she will be with us next year. Her contribution was invaluable and we are sure she will leave an indelible mark on all of us. Bea not only helped us improve our English, but also taught us a lot about cultural diversity and mutual respect.
Thank you so much, Bea, for your dedication, patience and enthusiasm. We wish you all the best in your future projects and hope that you take with you fond memories of our school and our community!
Love,
Laura, Leti, Yoli e Amparo
Hoxe temos o pracer de compartir con vós un vídeo moi especial presentado por tres das nosas marabillosas alumnas de 1º de Bacharelato: Marta Marticorena, Ánxela Barcia e Aroa Vidal. Nel, entrevistan á nosa auxiliar de conversa, Bea Bautista, onde fala sobre o seu país de orixe, Filipinas, a súa experiencia vivindo e traballando en Galicia e os seus pasatempos favoritos. Este vídeo é unha oportunidade única para coñecer máis sobre a cultura filipina e a visión de Bea sobre a nosa terra.
Ademais, queremos aproveitar esta ocasión para despedirmos de Bea, xa que non sabemos se o vindeiro curso seguirá connosco. A súa contribución foi inestimable e abofé que deixará unha pegada imborrable en todos nós. Bea non só nos axudou a mellorar o noso inglés, senón que tamén nos ensinou moito sobre a diversidade cultural e o respecto mutuo.
Moitas grazas, Bea, pola túa dedicación, paciencia e entusiasmo. Desexámosche o mellor en todos os teus futuros proxectos e esperamos que leves contigo bos recordos do noso colexio e da nosa comunidade!
Apertas,
Laura, Leti, Yoli e Amparo
Comezo da convocatoria de bolsas MEC 2024-25
Enviado por admin o Lun, 18/03/2024 - 22:13
PARA QUE ESTUDOS PODES SOLICITAR UNHA BOLSA?
Para alumnos/a que no curso 24/25 estean matriculados/as en:
COMO SOLICITALA?.
1. ENTRA NA SEDE ELECTRÓNICA. https://sede.educacion.gob.es Todo o proceso de solicitude da bolsa realízase a través da sede electrónica do Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes.
2. REXÍSTRATE.
3.ENCHE O FORMULARIO. Unha vez dentro, tes que encher o formulario en liña. Neste paso, non che pediremos que achegues documentación porque as unidades encargadas da tramitación de bolsas consultarán todos os datos necesarios para comprobar que reúnes os requisitos para solicitala. Só en determinados supostos pedirémosche que achegas algún documento concreto.
4.IMPRIME O XUSTIFICANTE DE PRESENTACION. COMPROBA SE TE ATOPAS NALGUNHA DAS SITUACIÓNS PARA REMITIR DOCUMENTACION:
Servizo de Apoio aos Servizos Educativos . Sección de Bolsas de Estudo
|
Conferencia sobre neurociencia de Javier Cudeiro e visita ao MUNCYT
Enviado por ofelia786 o Lun, 22/01/2024 - 13:50O martes 16-1-24 fomos de visita ao Museo de Ciencia e Tecnoloxía en Coruña tres profesoras dos departamentos de Bioloxía e Filosofía cun grupo de 50 alumnos de Bacharelato de varias optativas. Alí esperábanos o Dr. Javier Cudeiro Mazaira, catedrático de Fisioloxía da UDC e director do Centro de Estimulación Cerebral de Galicia, para darnos unha charla sobre o funcionamento do cerebro. A conferencia foi moi interesante e amena. Puidemos ver en imaxes como lle afecta ao cerebro a privación de estímulos, o estrés, as drogas, a falta de soño... Tamén nos explicou, entre outras cousas, os factores que inflúen na atención, na memoria -como a curva do esquecemento de Ebbinghaus- e os cambios que se producen durante a adolescencia.
Ao acabar a conferencia fomos visitar a exposición temporal Os Labirintos do Cerebro, inspirada na metáfora dos labirintos, que sempre funcionaron como modelos para a investigación e comprensión do funcionamento do noso cerebro.
Por último, a directora do Museo ofreceunos unha visita guiada en dous grupos ao resto de salas do Museo, como a dos inventores españois, na que puidemos ver, entre outras cousas, a maqueta do submarino de Isaac Peral ou a primeira Enciclopedia Mecánica de Ángela Ruiz Robles, antiga mestra en Ferrol.
MINIPROGRAMACIÓN FyQ 1ºBAC 2023-24
Enviado por guillin o Ven, 15/09/2023 - 16:56Este es el extracto con lo más importante de la programación didáctica del departamento: los contenidos y la manera de evaluarlos.
Carreiras de orientación dixitais pola contorna
Enviado por pcanteroc o Mar, 04/07/2023 - 21:46DESDE 2 DE NOVEMBRO EN ADIANTE
CARREIRAS DE ORIENTACIÓN DIXITAIS POLA CONTORNA. IES MUGARDOS
Seguimos coa iniciativa de rexistrar as carreiras de orientación que o alumnado, os seus amigos/as e familiares poden facer no seu tempo de lecer facendo un ranking cos mellores tempos ao longo dos anos.
Este é o segundo ano que se fai este proxecto e os rexistros deste curso xa van superando os de o primeiro curso. Nesta iniciativa créanse varias carreiras de orientación dixitais que o alumnado, amizades ou familiares poden percorrer coa aplicación de móbil gratuíta “GPS Orienteering Run”. Ao terminar o percorrido mándase o rexistro á base de datos creada polo profesor e rexístrase o tempo, colocándose de xeito ordenado cos demais rexistros feitos neste ano e no anterior.
A idea de este proxecto é crear unha motivación á familia educativa para intentar superar os tempos marcados en cada carreira de orientación da contorna. Ata o momento existen 10 carreiras permanentes que poden ser percorridas en calquera momento coa idea de ir aumentando a dificultade e as zonas.
Nas seguintes imaxes pódese ollar o código para facer cada carreira e os resultados ata o momento.
Proxecto Camiño de Santiago
Enviado por pcanteroc o Mar, 04/07/2023 - 18:27
DESDE 12 DE SETEMBRO ATA 4 DE XUÑO
PROXECTO CAMIÑO DE SANTIAGO. 1º BACHARELATO
Neste curso búscase un cambio nos estilos de vida do alumnado de 1º bacharelato. Co cambio de lei e o aumento das horas de Educación Física neste curso trataremos de alcanzar un cambio nos estilos de vida do alumnado a través de un xogo de rol.
Este proxecto preséntase como un xogo onde cada alumno/a ten un avatar que se encontra en Roncesvalles e ten que levalo ata a catedral de Santiago. Para facer isto ten todo o curso, dividendo o camiño en 3 etapas xerais (cada trimestre 1 etapa).
Para mover o seu avatar ten que percorrer quilómetros no seu día a día e rexistralos coa aplicación gratuíta Strava. As actividades permitidas son camiñar, correr e montar en bicicleta (divide os quilómetros entre 2 esta modalidade).
As diferentes etapas reais do Camiño de Santiago aplícanse neste proxecto como obxectivos para ir alcanzando notas. O avatar do alumnado móvese polo camiño real e vai encontrándose cada etapa, so que, as distancias nas que se encontra cada etapa na realidade é alterado por un divisor xa que o camiño real son 750 quilómetros e nos imos percorrer 300. O desbloqueo de cada etapa proporciona ao alumno/a un aumento da nota ata que chega á etapa que limita a 1º etapa xeral (1/3 do camiño total) e consigue a máxima nota do trimestre.
Para comezar o seguinte trimestre o coche escoba recolle ao alumnado que non completou todas as etapas marcadas nese trimestre e colócalo na liña de saída do seguinte trimestre (obviamente non recibe a máxima nota no trimestre anterior, mantén a que logrou).
Existe a idea de mellorar o proxecto coa creación dunha páxina web co Camiño de Santiago marcado coas etapas e información de cada unha delas, movendo o avatar por cada unha cando o alumnado inclúa os quilómetros na súa conta, desbloqueando información dos diferentes lugares. A día de hoxe está estudándose a creación da web e os problemas de privacidade coa aplicación.
Visita ao CIEC de Betanzos
Enviado por montse.arza o Lun, 29/05/2023 - 16:00Alumnado do Club de Lectura e mais de Debuxo Artístico I visitan o Centro Internacional da Estampa Contemporánea de Betanzos.
Eduemprende Actúa
Enviado por Julio Otero o Sáb, 20/05/2023 - 12:39Os alumnos e alumnas de economía de Bacharelato gozaron o pasado martes 16 de maio da presencia de Verónica Rodríguez Ruzo para traballar a innovación e a creatividade mediante xogos e actividades que promoven o pensamento lateral e o enxeño. Formación promovida pola Consellería de Educación mediante o Programa Eduemprende Actúa.
Recurso de reposición de bolsas de estudo do curso 2022/2023
Enviado por admin o Mar, 11/04/2023 - 09:22Cancións no camiño
Enviado por olga.mcabalar o Lun, 20/03/2023 - 11:31Xa están listas as cancións feitas e interpretadas polo alumnado de Atención Educativa de 1° Bach. Queremos agradecer o traballo de edición de son de Bea Roxana Bautista e o entusiasmo dalgúns alumnos-as que fixeron un traballo moi chulo.
DATAS DE SOLICITUDE DAS BOLSAS DO MINISTERIO
Enviado por orientacion o Sáb, 18/03/2023 - 11:58En breve abrirase prazo de solicitude das becas do Ministerio. O alumnado do centro que pode solicitala é o alumnado que o próximo curso ten pensado iniciar ou continuar estudos en Ciclos formativos de FPB, Ciclos Medios ou superiores, Bacharelato e Universidade. Lembrade que a solicitude realízase online.
Se precisades axuda, solicitade cita en Orientación.
ENTREGA DE NOTAS
Enviado por admin o Xov, 16/03/2023 - 13:30Entrega dos boletíns de notas
VENRES: 17 de marzo
Publicación en ABALAR a partir das 16:00 horas.
Sorteo "Cesta de entroido" (ANPA)
Enviado por admin o Mar, 07/03/2023 - 11:16O número agraciado correspóndelle á papeleta que conteña o 1146
Participación na X Olimpiada de Filosofía de Galicia (vídeo)
Enviado por ofelia786 o Sáb, 04/03/2023 - 10:27As fronteiras
Axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2023
Enviado por lauravinas o Sáb, 25/02/2023 - 12:16
|
A Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades convoca 643 axudas para realizar actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2023, que se distribuirán do seguinte modo: - 491 axudas para alumnado de cota de reserva - Guía confirmación praza para alumnado de cota reserva - 152 axudas para alumnado de cota xeral - Guía solicitude praza para alumnado de cota xeral Pertence á COTA DE RESERVA SÓ o alumnado ao que lle correspondería praza na convocatoria 2022. Se non ten praza adxudicada na convocatoria 2022 entón pertence á COTA XERAL. Prazo de solicitudes aberto dende o 14 de FEBREIRO ata o 13 de MARZO Poderá solicitar estas axudas o alumnado de centros sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia dos cursos que aparecen na seguinte táboa:
Para obter información ampliada sobre a convocatoria pode consultar os seguintes arquivos: |
Actividade "Chicas nuevas 24 horas"
Enviado por admin o Ven, 16/12/2022 - 21:28O alumnado de 1.º bacharelato e 4.º ESO participaron esta semana na actividade "Chicas nuevas 24 horas". Trátase dun proxecto baseado no documental da realizadora Mabel Lozano que denuncia o rendible "negocio" xerado pola compra e venda de mulleres para a súa explotación sexual.
Ao longo de tres sesións guiadas pola especialista Carlota Díaz, cada grupo realizou en primeiro lugar unha visita guiada da exposición fotográfica disposta no corredor do centro. De seguido, procédese á proxección autorizada do documental e remata cun obradoiro de traballo en grupo e reflexións.
A actividade, impulsada pola Secretaría Xeral da Igualdade, está encamiñada cara á concienciación por parte especial da mocidade para a desaparición da demanda de servizos sexuais.
1.º BAC: Teatro na Coruña
Enviado por admin o Xov, 03/11/2022 - 20:21Reunión de titorías cos pais e nais (Martes, 11 de outubro)
Enviado por admin o Lun, 03/10/2022 - 21:07Reunión inicial para o comezo CUALE Inglés A2,B1 e B2 (6 de outubro - 16:00 h)
Enviado por lauravinas o Mér, 28/09/2022 - 19:23Folga do 23 de setembro
Enviado por admin o Xov, 22/09/2022 - 12:07NOTA: Non afecta a 1.º e 2.º ESO.