FAMILIAS - ANPA O Castro
|
ESO
3ºESO FÍSICA E QUÍMICA MINIPROGRAMACIÓN 2024-25
Enviado por guillin o Ven, 11/10/2024 - 17:37Aquí tedes unha síntese do que se pretende impartir ao longo do curso e como se vai a valorar.
2ºESO FÍSICA E QUÍMICA MINIPROGRAMACIÓN 2024-25
Enviado por guillin o Ven, 11/10/2024 - 17:35Aquí tedes un resumo do que se vai a dar no curso e como se vai valorar
Club de Lectura (ESO)
Enviado por admin o Sáb, 05/10/2024 - 20:19COMEZO DOS CLUBES DE LECTURA
Enviado por montse.arza o Sáb, 05/10/2024 - 15:44
Este curso os clubes de lectura amplíanse aos adultos.
Continuamos cos dous grupos de alumnos/as:
1º ESO con Laura
2º, 3º e 4º con Montse.
Esperámosvos!
Inicio da HORA DE LER
Enviado por montse.arza o Mér, 25/09/2024 - 17:26No mes de outubro comenzamos a
HORA DE LER
e dende Mugardosbiblio
recomendámosche que leas moito xa que abrirás máis os ollos
aos mundos que queiras imaxinar.
Trae un libro ou pídeo no centro e ...
DESFRUTA!
4ºESO FÍSICA e QUÍMICA MINIPROGRAMACIÓN 2024-25
Enviado por guillin o Mér, 11/09/2024 - 22:18No documento que se xunta tedes o resumo do esencial da programación deste departamento para a FÍSICA e QUÍMICA de 4ºESO no curso 2024-25
Libros de texto e material. Curso 2024-2025
Enviado por admin o Ven, 19/07/2024 - 10:04RELACIÓN DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL DIDÁCTICO PARA O CURSO 2024-2025 |
||||||
1.º ESO |
Programa E-DIXGAL. |
|||||
2.º ESO |
||||||
3.º ESO | Fondo solidario e axudas para material escolar |
|||||
4.º ESO | ||||||
LISTAXE COMPLETA | ||||||
1.º Bacharelato |
Banco de Libros |
|||||
2.º Bacharelato |
Feira Científica Intercentros Mugardos-Neda
Enviado por fgeiras o Mér, 26/06/2024 - 10:17Na mañá do pasado 19/06/2024 celebramos a nosa Feira Científica anual, organizada polo alumnado e profesorado do Curruncho da Ciencia. Este curso quixemos enriquecela e contamos coas nosas compañeiras do IES Fernando Esquío de Neda.
A Feira tivo dúas fases, a primeira no IES de Mugardos, entre as 9.30 e as 11.30 e a segunda en Neda, entre as 12.00 e as 14.00. Contamos con postos moi diversos, tocando varios eidos como poden ser a nutrición, os primeiros auxilios, a fabricación de biodiésel, papiroflexia, investigación estatística, enredos matemáticos ou fabricación cosmética.
Dada a elevada participación en ámbolos dous centros e os comentarios recibidos por parte de alumnado e familias, consideramos que esta actividade foi todo un éxito e emprazámonos ao vindeiro curso 2024/25 para seguir divulgando contido científico.
Moitas grazas a todo ao alumnado participante de senllos institutos pola vosa implicación nos proxectos propostos. A calidade das exposicións foi moi alta.
Grazas tamén a todo o profesorado participante polo vosa dedicación e tempo. Nomeadamente, Ana Polo, Laura Viñas, Juan José Guillín, Serafín Álvarez, Alba Monteagudo, María Fernández e Fabio González.
Fondo solidario de libros de texto e axudas para material escolar
Enviado por admin o Xov, 13/06/2024 - 11:30
- NORMATIVA REGULADORA:
- Orde de 7 de maio de 2024 (DOG 20-5-2024) Descarga en Versión Web - Versión PDF
- Renda per cápita familiar: terase en conta o execicio fiscal de 2022
- Situación persoal e composición da unidade familiar: referido ao 31-12-2022
- FONDO SOLIDARIO LIBROS DE TEXTO:
- Pode solitar axudas para adquisición de materiral escolar todo o alumnado matriculado na ESO para o vindeiro curso.
Os niveis de renda per cápita para todo o alumnado da ESO (incluído o dos cursos Edixgal) é o seguinte: - Renda per cápita da unidade familiar igual ou inferior a 6.000€: corresponde vale de 75€
- Renda per cápita da unidade familiar entre 6.000 e 10.000€: corresponde vale de 60€
- Renda per cápita da unidade familiar superior a 10.000€: Non ten dereito a vale
- Poden solicitar as axudas do FONDO SOLIDARIO os matriculados no vindeiro curso en 3.º e 4.º ESO.
- PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES:
- Ata o 21 de xuño
- Preferentemente pola Sede Electrónica da Xunta, usando o Formulario ED330B-Anexos I e II)
- Tamén se pode presentar na Secretaría do centro. Pódese descargar aquí os impresos:
Solicitude (Anexo I)
Comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar (Anexo II)
- DEVOLUCIÓN DOS LIBROS DE TEXTO DO CURSO 2023-2024
- Na Secretaría do centro.
Recollida de títulos de bacharel e graduado ESO e técnico FP Básica
Enviado por admin o Lun, 10/06/2024 - 20:17
AVISO: Xa están dispoñibles para a súa recollida na secretaría do centro os títulos de graduado en Educación Secundaria Obrigatoria (ESO), Bacharelato e FP Básica que remataron no ano 2022 e anteriores. Para poder recollelo é imprescindíbel que o realice persoalmente o/a interesado/a e que acredite a súa identidade mediante o DNI. |
Fondo de libros de texto e axudas de material (ESO)
Enviado por admin o Xov, 30/05/2024 - 12:06
- NORMATIVA REGULADORA:
- Orde de 7 de maio de 2024 (DOG 20-5-2024) Descarga en Versión Web - Versión PDF
- Renda per cápita familiar: terase en conta o execicio fiscal de 2022
- Situación persoal e composición da unidade familiar: referido ao 31-12-2022
- FONDO SOLIDARIO LIBROS DE TEXTO:
- Pode solitar axudas para adquisición de materiral escolar todo o alumnado matriculado na ESO para o vindeiro curso.
Os niveis de renda per cápita para todo o alumnado da ESO (incluído o dos cursos Edixgal) é o seguinte: - Renda per cápita da unidade familiar igual ou inferior a 6.000€: corresponde vale de 75€
- Renda per cápita da unidade familiar entre 6.000 e 10.000€: corresponde vale de 60€
- Renda per cápita da unidade familiar superior a 10.000€: Non ten dereito a vale
- Poden solicitar as axudas do FONDO SOLIDARIO os matriculados no vindeiro curso en 3.º e 4.º ESO.
- PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES:
- Ata o 21 de xuño
- Preferentemente pola Sede Electrónica da Xunta, usando o Formulario ED330B-Anexos I e II)
- Tamén se pode presentar na Secretaría do centro. Pódese descargar aquí os impresos:
Solicitude (Anexo I)
Comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar (Anexo II)
- DEVOLUCIÓN DOS LIBROS DE TEXTO DO CURSO 2023-2024
- Na Secretaría do centro.
Finalistas no XIV Concurso Incubadora de Sondaxes e Experimentos (SGAPEIO)
Enviado por fgeiras o Dom, 26/05/2024 - 11:51Festival de entroido
Enviado por olga.mcabalar o Mar, 13/02/2024 - 11:51O 9 de febreiro celebramos unha festa de entroido da man de Martín, Enar, Mario e Laura. Nela participaron todos os cursos da ESO e parte do profesorado. Os gañadores do concurso de disfraces e comparsas foron os alumnos/as de 4º da ESO. Podedes ver as actuacións neste vídeo.
Festival de Entroido
Enviado por admin o Sáb, 27/01/2024 - 21:12O Curruncho da Ciencia
Enviado por fgeiras o Lun, 02/10/2023 - 17:10Botamos a andar.
Gústache a ciencia e sábelo!
Dende os diferentes departamentos relacionados coa ciencia do IES Mugardos, propoñeremos un calendario con actividades moi interesantes para todo o curso.
Descobriremos, investigaremos e haberá premios e agasallos pero, sobre todo, divertirémonos polos escrutables camiños da CIENCIA.
Agardámoste no primeiro recreo do vindeiro venres 06 de outubro, diante do Laboratorio.
MINIPROGRAMACIÓN FyQ 4ºESO 2023-24
Enviado por guillin o Ven, 15/09/2023 - 16:54Este es el extracto con lo más importante de la programación didáctica del departamento: los contenidos y la manera de evaluarlos.
Patinaxe
Enviado por pcanteroc o Mar, 04/07/2023 - 21:5411 ABRIL ATA FINAL DO CURSO
TOMA DE CONTACTO CO PATINAXE NA CONTORNA
No terceiro trimestre, coincidindo cunha menor actividade pluviométrica, iniciouse un programa voluntario de patinaxe na pista preta de pumptrack recentemente inaugurada no concello de Mugardos.
Na primeira sesión, patinaron moitos alumnos e alumnas de 1º e 2º da ESO, ou ben en patíns, ou ben en patinete. Ante a gran densidade de patinadores no circuíto, nas seguintes sesións optouse por levar soamente a aqueles que tiveran patíns, xa que o profesor Miguel Gil Sánchez ten moita experiencia neste deporte e aconsellou a decisión para reducir riscos.
A partir deste momento, os martes pola tarde, antes das clases, creouse un grupo de nenas de 1º e 2º da ESO que patinaron con certa frecuencia. Quero resaltar tamén a importancia disto, xa que é necesario fomentar o deporte feminino e tamén a inclusión das mulleres nos espazos públicos destinados ao deporte. Moitas destas patinadoras, estou convencido de que terían certas reservas en utilizar o espazo pola súa conta. Coido que esta actividade axudou a mellorar a confianza e a autoestima das participantes.
Torneo Nadal e panxoliña
Enviado por pcanteroc o Mar, 04/07/2023 - 21:4222 DE DECEMBRO
TORNEO PROFESORADO VS ALUMNADO E A PANXOLIÑA. O BAILE DE MODA NO PROFESORADO
Unha vez o nadal estaba cerca o profesorado buscou actividades para motivar ao alumnado no derradeiro día lectivo do ano. Por unha parte e a petición do alumnado, creouse un equipo de fútbol de profesores para ir xogando contra o alumnado e por outra creouse un baile viral para representalo co alumnado.
O profesorado de diferentes departamentos propulsou a creación dun baile para expoñelo ao alumnado cun unha coreografía actual que puidera motivar ao alumnado e cun toque propio na letra.
Deste xeito e coa marabillosa creación da letra de Begoña Gómez do departamento de matemáticas comezou a crearse a Panxoliña. No referente ao baile, utilizouse o baile mais viral nas redes sociais que é o utilizado por Mércores Adams da serie de Netflix que tanta fama está a ter.
A combinación de letra, baile e disfraces foi moi orixinal, animando ao alumnado a seguir os pasos dos seus profesores/as. Esta actividade abriu o derradeiro día lectivo do curso.
LETRA DA PANXOLIÑA
-
Xa temos aquí o Nadal, (4 tempos)
(1) xa temos aquí o Nadal, (4 tempos)
(2) xa temos aquí o Nadal, (4 tempos)
(2) xa temos aquí o Nadal. (4 tempos)….seg18
(3)Marisquiño e champán, (4 tempos)
(3)vacacións e a troulear, (4 tempos)
(4)hai turróns e polvoróns, (4 tempos)
(4)días de festa + silencio del cantante (4 tempos)
(5)Pasou Samaín + alargar la palabra (4 tempos)
(5)e tamén o Black Friday, (4 tempos)
(5)pasou o mundial… (4 tempos)
(6)xa está, xa está, xa está….aquí o nadal) (10 tempos)
-
Xa temos aquí o Nadal,
(1) xa temos aquí o Nadal,
(2) xa temos aquí o Nadal,
(2) xa temos aquí o Nadal.
(3)Tempo para disfrutar… (4 tempos)
(3)algo haberá que estudar. (4 tempos)
(4)Non quero que chegue o día 9 (4 tempos)
(4)Deixádeme sempre en Nadal !!! (4 tempos)
-
Xa temos aquí o Nadal,
(1) xa temos aquí o Nadal,
(2) xa temos aquí o Nadal,
(2) xa temos aquí o Nadal.
Para finalizar a mañá, o equipo de profesores comezou xogando contra o equipo de 1º ESO e foi cambiando o enfrontamento contra os demais equipos dos diferentes cursos ata o final da mañá. Non quedou ningún grupo sen poder xogar contra os profes e estes aguantaron todos os partidos grazas a boa participación de todos eles para dar cambios.
Magnífico ambiente no derradeiro día de clase antes do nadal!!
Xornadas de iniciación ao remoergómetro
Enviado por pcanteroc o Mar, 04/07/2023 - 21:3727 E 28 OUTUBRO MAIS 3 E 4 DE NOVEMBRO
XORNADAS INICIACIÓN AO REMOERGÓMETRO
Durante o 27 e 28 de outubro e 3 e 4 de novembro o Club do Mar de Mugardos veu ao instituto a impartir as xornadas de iniciación ao remoergómetro. O obxectivo desta proposta é acercar o remoergómetro ao alumnado para despois facer un torneo entre centros da zona, espertando no alumnado o gusto polo remo e propoñéndoos participar no club do mar tanto en verán como durante todo o ano.
Despois dunha explicación sobre o remo o alumnado comezo a practicar nas máquinas, tratando de mellorar os seus rexistros e facendo pequenas competicións entre os integrantes da clase. Deste xeito tratouse de traballar a técnica de remada e os relevos.
A participación do alumnado foi magnífica e a mellora no traballo en equipo foi evidente.
Torneos deportivos
Enviado por pcanteroc o Mar, 04/07/2023 - 20:26EN NOVEMBRO, XANEIRO, MARZO E MAIO
TORNEOS DEPORTIVOS NO TEMPO DE LECER
Dende 1º bacharelato créanse torneos deportivos no tempo de lecer para ofrecelos a todo o alumnado. En grupos elixen o deporte, deseñan o torneo, arbitran e fan a publicidade do mesmo para buscar un aumento da práctica de actividade física do alumnado do IES Mugardos.
Os deportes elixidos neste curso foron bádminton, voleibol, brilé e tenis.
Ao longo do curso os torneos foron celebrándose deixando un mes entre medias para implementar as demais actividades propostas para os recreos (xogos olímpicos, o deporte feminino, novos deportes alternativos, etc).
Destacar a elevada participación do alumnado e do profesorado, creando equipos na maioría de deportes logrando un aumento da motivación do alumnado por ver e xogar contra os seus profesores/as.
BRILÉ
VOLEIBOL
TENIS
Rutas de senderismo pola contorna
Enviado por pcanteroc o Mar, 04/07/2023 - 18:40
DURANTE TODO O CURSO
RUTAS DE SENDEIRISMO POLA CONTORNA
Durante este ano e aproveitando os proxectos do Camiño de Santiago e Camiño Inglés buscamos fomentar os estilos de vida saudables utilizando a contorna.
Nos diferentes cursos foron realizándose rutas de sendeirismo no exterior intentando dar a coñecer ao alumnado zonas alternativas para camiñar no seu tempo de lecer e aumentar así o seu tempo activo.
As rutas utilizadas durante este curso foron:
-
A ruta do río do Baño. Consiste en un percorrido con bastante desnivel na zona da urbanización e despois un paseo xunto ao río pola sombra dos árbores. A ruta urbana de Mugardos
-
A ruta urbana de Mugardos. Utilizada co alumnado de 1º bacharelato para facer interval training con momentos de carreira a diferentes intensidades e outros camiñando. Esta ruta foi utilizada con xogos de persecución nos tramos finais para aumentar a motivación do alumnado
-
A ruta ata Chanteiro. Dita ruta utilizouse no derradeiro día de clase para facer unha percorrido co alumnado de 1º, 2º e 3º ESO. Comezamos no IES e fomos bordeando a costa ata a praia de Chanteiro. Unha vez alí, o alumnado aproveitou as 2 horas e media para bañarse, xogar ao voleibol, brilé ou fútbol praia. Para volver ao instituto fixemos o mesmo percorrido facendo un total de 14km.
Recreo activos
Enviado por pcanteroc o Mar, 04/07/2023 - 18:34DESDE 8 DE SETEMBRO ATA 21 DE XUÑO
RECREOS ACTIVOS E GARDAS ACTIVAS
Durante este curso 2022/2023 aplicouse a estratexia de dotar tanto ao pavillón coma as pistas dianteiras de material deportivo para que o alumnado puidera practicar actividade física no seu tempo de lecer.
Deste xeito, nos recreos o alumnado tiña o pavillón sempre aberto para coller o material deportivo que quixera e poder practicar. Nas pistas dianteiras, o material estaba en conserxería e tiñan que devolvelo ao final dos recreos.
Para aumentar aínda mais a práctica e o acceso a ela, falouse co profesorado para que nos gardas onde o profesorado non puidera asistir a clase o alumnado puidera saír da aula, sempre co profesor/a de garda, e practicar actividade física nas pistas dianteiras e no pavillón.
ACOLLIDA DO ALUMNADO DE 6°
Enviado por orientacion o Sáb, 10/06/2023 - 09:11
Estreamos xuño cunha mañá estupenda na que tivemos a oportunidade de coñecer ao noso novo alumnado. Que ilusión!
Comezáchedes a visita deixando unha pegada nada mais entrar porque o dire invitouvos a deixar o voso nome impreso na pantalla interactiva na que vos demos a benvida.
Logo tocou pasar ao salón de actos e tomar contacto co alumnado de 1° que xa ten experiencia nisto de transitar dunha etapa a outra. Confirmaron que o que di a ori é certo. Que ides a coñecer xente riquiña, que os maiores non vos miran e se o fan será con cariño como quen mira a un cachorriño pequeno. Tamén que no centro se está ben. E que hai figuras importantes como a de delegada ou de representante de consello escolar que paga a pena ter en conta porque ofrecen unha oportunidade de participar aínda máis no centro.
Siii, temos mais materias ca na Primaria pero tampouco hai tantos cambios, poderedes con eles, vaia que si.
Nesta presentación da etapa e do centro, tamén vos fixemos entrega dunha cartiña feita polo alumnado de 1°ESO e os seus titores/as explicando como viviron este cambio.
Logo, tocou parada na cafetaría e tomar un bocatiña e unha bebida antes de descifrar as mensaxes de benvida en código Braille, e facer un xogo no que a estratexia grupal era clave.
Toca marchar xa? Noooon, antes era obrigatorio ver as que serán as vosas aulas o próximo curso, coñecer a aula de plástica, informática, o laboratorio de física e química, a aula de apoio (que ben ule), a aula de Ciclo Básico, a biblio, a sa de profes (logo xa non se poderá entrar...pero hoxe fixemos excepción), a conserxería e administración, os despachos da dirección e o departamento da ori á que espero visitedes moito.
Algún espazo quedou sen ver pero o tempo non deu para máis... ademais temos que deixar algunha sorpresa para setembro.
Coñecíchedes a algúns profes: Guillín, Marta, Rita, Barcia, Montse, Micaela, Xulio, Iria, Marga, Fabio e Raquel, e tamén alumnado de ESO, CFPB e Bacharelato.
Agora xa tendes case todo dominado, coñecedes a etapa, o centro, as normas, como será o primeiro día. So nos queda voltar a vernos o 11 de setembro, esta vez para pasar un ratiño das vosas vidas con nós!
Presentación:
Participación no fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar
Enviado por admin o Dom, 21/05/2023 - 18:46PRAZO DE SOLICITUDES: Do 20 de maio ao 21 de xuño, incluídos
FONDO SOLIDARIO: 3.º e 4º. ESO
AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR: 1.º, 2.º, 3.º e 4.º ESO
ORDE do 10 de maio de 2023 (DOG do 19 de maio)Para presentación electrónica, entre nesta aplicación FONDOLIBROS coa Chave 365. ou a través da sede electrónica da Xunta: Para presentación presencial: utilice os Anexo I e Anexo II da Orde da convocatoria.Máis información na sede electrónica da Xunta de Galicia: enlace |
FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO (manuais en préstamo ao alumnado 3º e 4º de ESO)
Renda per cápita inferior a 6000 € : Seis libros de texto.
Renda per cápita inferior a 10000 €: Catro libros de texto.
De haber existencias nos fondos dispoñiblesasignaránse ata agotar existencias.
AXUDAS PARA COMPRA DE MATERIAL ESCOLAR (1.º, 2.º, 3.º e 4º.ESO)
Renda per cápita inferior a 6000 € : 240 €
Renda per cápita inferior a 10000 €: 160 €
-As contías calcularanse pola renda per cápita da unidade familiar NO EXERCICIO FISCAL 2021.
DOCUMENTACIÓN sobre a situación persoal, familiar e económica en 31 de decembro de 2021 (agás en caso de separación, divorcio ou casos de violencia de xénero posterior):
- Anexo II
- Copia do libro de familia onde figure o alumnado e os membros computables da unidade familiar.
- En caso de separación ou divorcio, sentencia ou convenio regulador onde conste a atribución de custodia.
- Certificado de discapacidade do alumnado ou membros da unidade familiar.
- Outra documentación que xustifique as situación específicas alegadas.
As listaxes relacionadas con este procedemento publicaranse únicamente no taboeiro de anuncios no interior do recinto escolar.