FAMILIAS - ANPA O Castro
|
Seccións bilingües
Seccións bilingües
Enviado por admin o Mar, 12/08/2014 - 16:10
Este programa supón a organización do ensino dunha área ou materia non lingüística que se cursa dun xeito bilingüe nunha lingua cooficial e unha lingua estranxeira utilizada como mínimo durante o 50% do horario lectivo. |
|
|
No IES de Mugardos temos autorizadas as seguintes seccións: CURSO MATERIA DOCENTE
|
Reunión coas familias 2.º e 3.º ESO (Martes, 16 de xuño - 18:05 horas)
Enviado por admin o Dom, 14/06/2015 - 20:04Nova sección bilingüe en Economía de 1º de BAC
Enviado por Mara o Mar, 14/05/2013 - 08:46Como xa sabedes o IES Mugardos iniciou hai catro cursos o proxecto de seccións bilingües en Inglés na educación secundaria obrigatoria. Comezou con Educación Física en 1º e 2º de ESO e continuou con Ciencias Sociais en 3º de ESO.
O Departamento de Economía quere dar continuidade a este proxecto iniciando unha nova sección bilingüe en Bacharelato, na materia de Economía de 1º.
Que vantaxes ten estudar Economía parcialmente en inglés? Como ben sabedes o Inglés é o idioma dos negocios e do mundo da empresa. Ademais, as entrevistas de traballo esixen cada vez máis o dominio do inglés como requisito imprescindible.
A programación non sufrirá apenas alteracións (trátase de estudar a Economía de 1º de Bacharelato) e non se penalizará ou baixará nota por non usar de modo correcto o idioma inglés. A única variación nos criterios de avaliación consistirá en beneficiar ao alumno/a que se esforce en utilizarlo.
Así, aprenderemos Economía e comezaremos a utiizar un vocabulario específico en inglés que vos pode resultar de moita axuda no voso futuro laboral. O estudo da Economía deste xeito engade un “plus” ofrecéndovos un valor engadido que vos situará nunha situación de vantaxe no difícil contorno que nos toca vivir.
Déixovos uhha presentación onde explico como imos organizar a sección bilingüe en Economía. (Ver documentos adxuntos)
Animádevos e aproveitade esta oportunidade.
Información sobre a nova sección bilingüe en Economía de 1º de Bacharelato
Enviado por Mara o Dom, 12/05/2013 - 13:25O departamento de Economía pretende informar detalladamente ao alumnado de 4º de ESO e aos seus pais/nais da oferta dunha nova sección bilingüe en Inglés na materia de Economía de 1º de Bacharelato.
Para iso convócase ao alumnado (xunto cos seus pais/nais) de 4º de ESO dos centros educativos da comarca (CPI Conde de Fenosa de Ares, Colexio Loyola de Mugardos e IES Mugardos) a unha reunión que terá lugar no salón de actos do IES Mugardos o vindeiro xoves 23 de maio ás 16'30 h.
Esperamos contar coa vosa presenza para aclarar calquera dúbida e animar a cursar esta nova sección bilingüe de Economía.
Autorización - Sección bilingüe
Enviado por admin o Xov, 01/09/2011 - 16:10
En consonancia coas consideracións da Comisión Europea, o I.E.S. MUGARDOS quere dar un impulso na utilización das linguas extranxeiras por parte dos seus alumnos/as, polo que o Departamento de Educación Física xunto có do inglés, participa dende o curso 2009/2010 nas chamadas seccións bilingües. Coa finalidade de garantizar a calidade deste proxecto, coménzase no primeiro curso da ESO con 15 alumnas/os, é a incorporación da lingua extranxeira faise progresivamente, incrementando a súa presenza ao longo da ensinanza secundaria. Ao remate de cada curso, o alumnado que sexa cualificado positivamente nesta materia, recibirá unha credencial oficial expedida polo centro, conforme participou nunca sección bilingüe, que se fará constar no seu libro de escolaridade e no seu expediente académico. Se quere que a súa filla/o participe nesta sección bilingüe ten que cubrir unha autorización e entregala xunto coa matrícula no Instituto. No caso de que houbese máis solicitudes que prazas, atenderase o expediente académico.
|
AUTORIZACIÓN - SECCIÓN BILINGÜE________________________________________________________________________ D./Dona. ..................................................................................................................... Nai/pai/titor/a de ........................................................................................................ Desexo que o meu fillo/a participe na sección bilingüe de inglés na área de Educación Física. En Mugardos, a de de 20
Asdo: __________________________
|