FAMILIAS - ANPA O Castro
|
Actividades EDL
Entrevista con Patricia Casal sobre o Castelo da Palma
Enviado por admin o Dom, 25/02/2024 - 01:00
|
Escoita Radio na Biblio Antía Martínez, Eneas Pérez e Íker Fernández (4.º ESO) |
Día Mundial da Radio
Enviado por olga.mcabalar o Mar, 13/02/2024 - 11:56O alumnado de Oratoria de 3º ESO participou na celebración do Día Mundial da Radio, convocada pola plataforma Ponte...nas Ondas! cun podcast sobre o Entroido en Galicia.
O día 13 de febreiro de 2024 coincide neste ano co martes de Entroido, e sendo ésta unha das manifestacións do Patrimonio Cultural Galego-Portugués é unha boa ocasión para encher as ondas de programas co entroido como tema principal.
Festival de entroido
Enviado por olga.mcabalar o Mar, 13/02/2024 - 11:51O 9 de febreiro celebramos unha festa de entroido da man de Martín, Enar, Mario e Laura. Nela participaron todos os cursos da ESO e parte do profesorado. Os gañadores do concurso de disfraces e comparsas foron os alumnos/as de 4º da ESO. Podedes ver as actuacións neste vídeo.
#AQUÍTAMÉNSEFALA
Enviado por admin o Lun, 05/02/2024 - 21:02#aquítamensefala
Xaneiro e febreiro de 2024
3º. e 4.º ESO
Actividade 25N: arquitectura e violencia de xénero
Enviado por olga.mcabalar o Mér, 29/11/2023 - 12:31Somos un pobo de artistas
Enviado por Serafín o Lun, 30/10/2023 - 23:12
Somos un pobo de artistas
|
Obradoiro de música e orgullo neofalante
Enviado por Serafín o Mar, 03/10/2023 - 22:23O 1 de outubro, aniversario do nacemento de Andrés Dobarro, está a ser a data elixida para celebrar o día do Orgullo Neofalante. Con ese gran obxectivo de unir música e novos falantes para a lingua galega, o alumnado de 1.º ESO asistiu hoxe ao obradoiro de creación de pódcast sobre música en galego. Foi impartido por Andrea Rico, organizado como unha das últimas actividades do servizo de dinamización lingüística da mancomunidade de concellos.
Tras un breve repaso musical desde os tempos de Andrés Dobarro ata os do Xabarín Club, escoitamos moita música galega actual.Rematamos co gran tema dos Dakidarría, "Somos un pobo de artistas". Agora tócalles aos rapaces contarnos esta historia nun próximo programa de radio. Atentos logo a Radio na Biblio.
Maios, 2023
Enviado por Serafín o Xov, 11/05/2023 - 21:38Un ano mais, Mugardos voltou a recuperar a festa dos Maios impulsada pola asociación cultural Apelón Educación para os centros educativos. O alumnado deuse cita no cantón de Cora para a realización dos monumentos vexetais. No noso caso, participapamos co alumnado de 1.º ESO, que confeccionou unhas coplas, e o mais FP Básica, que se encargou da estrutura do barco floral. Ademais, axudaron aos máis cativos a colocar as flores.
Obradoiro de gravación e mestura para radio e pódcast
Enviado por montse.arza o Sáb, 01/04/2023 - 13:50
Durante a última semana de marzo, o alumnado de 1.º ESO participou no Obradoiro de radio impartido por Pedro Iglesias. |
Cancións no camiño
Enviado por olga.mcabalar o Lun, 20/03/2023 - 11:31Xa están listas as cancións feitas e interpretadas polo alumnado de Atención Educativa de 1° Bach. Queremos agradecer o traballo de edición de son de Bea Roxana Bautista e o entusiasmo dalgúns alumnos-as que fixeron un traballo moi chulo.
Día de Rosalía
Enviado por reicastromicaela o Ven, 03/03/2023 - 14:09A asociación cultural Apelón Educación invitou ao alumnado de 3º ESO do IES Mugardos a un roteiro pola vila coa poesía de Rosalía como guía para descubrir parte da súa historia.
Cartas de amor
Enviado por admin o Mar, 14/02/2023 - 10:39Iniciamos a experiencia da Radio na Biblio cun programa no que repasamos algunhas cartas de amor que distintos personaxes reais escribiron ás persoas que máis amaban. Da man do alumnado de Artes Escénicas (4 ESO) repasamos estas cartas e disfrutamos de moi boa música.
Coreografía "Figa" de Tanxugueiras
Enviado por Anónimo o Ven, 23/12/2022 - 15:19Baile para o segundo certame Coreografíate na categoría de centros de ensino.
Bailadoras: Nerea, Noemí, Cloe, Martina, Lara, Antía, Rebeca, Anxo, Adriana e Faia.
Coordinación: Eva de la Torre e Micaela Rei
Montaxe do vídeo: MIguel Gil
Samaín 2022
Enviado por admin o Mar, 01/11/2022 - 14:02Este ano é terrorífico: temos monstros nas catedrais, cabazas peregrinas, cemiterios de peregrinos e a visita da Santa Compaña
Monstros nas catedrais O Camiño de Santiago conta con innumerables construccións románicas nas que escultura e pintura cumprían dúas funcións: decorar e instruir. Nun mundo cheo de analfabetos a imaxe cumpre un rol básico: é o xeito de transmitir as ensinanzas da Igrexa, indicando aos fieis cal é o camiño a seguir para acadar a salvación. Aos visitantes de igrexas e catedrais lembrábaselles con imaxes máis ou menos terroríficas a volta de Cristo á Terra e o xuizo que fará a vivos e mortos, os castigos reservados aos pecadores e os horrores do inferno |
||
Cabazas peregrinas As gañadoras do concurso foron Nuria D. e Mishelle C. Presentaron unhas cabazas que chegaron a Compostela despois de facer o camiño inglés máis dificultoso que ninguén poida imaxinar. Un camiño cheo de desgrazas e desventuras que deixaron a súa pegada nestas pobres cabazas. |
||
|
Cemiterios de peregrinos Na Idade Media o Camiño de Santiago era moi perigoso e moitos peregrinos morreron antes de chegar a Compostela. O alumnado de 3 ESO analiza eses perigos e sitúa no mapa antigos cemiterios nos que moitos peregrinos descansan para siempre. |
Concerto Zënzar.
Enviado por admin o Mér, 12/10/2022 - 21:47O grupo Zënzar ofreceu un concerto no IES de Mugardos o día 7 de outubro no marco da celebración do Día do orgullo Neofalante que se conmemora o 1 de outubro.
Maios, 2022
Enviado por Serafín o Xov, 12/05/2022 - 19:36Este luns, 9 de maio, Mugardos voltou a recuperar a festa dos Maios impulsada pola asociación cultural Apelón Educación para os centros educativos. Logo de dous anos sen podermos baixar á vila, o alumnado deuse cita no cantón de Cora para a realización dos monumentos vexetais. No noso caso, participapamos co alumnado de 1.º ESO, que confeccionou unhas coplas, e o mais FP Básica, que se encargou da estrutura do barco floral. Ademais, axudaron aos máis cativos a colocar as flores. Para completar a festa actuou a cantautora MJ Pérez.
Día da Poesía (21 de marzo)
Enviado por admin o Lun, 21/03/2022 - 12:05Neste día facemos unha pequena escolma de poemas inspirados no mar e lembramos ao autor homenaxeado no Día das Letras Galegas, o poeta Florencio Delgado Gurriarán.
Día de Rosalía
Enviado por admin o Mér, 02/03/2022 - 14:21No Día de Rosalía achegámonos á súa obra xogando cos seus poemas.
E felicitamos ao alumnado de FP Básica pola realización desta exposición:
- 1
- 2
- 3
- 4
- seguinte ›
- última »