FAMILIAS - ANPA O Castro
|
Novas
Acto de solidariedade coas persoas afectadas pola DINA
Enviado por admin o Xov, 07/11/2024 - 12:30Lectura do manifesto e minuto de silencio.
Día contra a violencia e o acoso na escola
Enviado por admin o Xov, 07/11/2024 - 11:40
|
No primeiro xoves de Novembro a UNESCO conmemora o Día O Punto Laranxa é un espazo para que o alumnado poida comunicar situacións de acoso
|
Eleccións ao Consello Escolar
Enviado por admin o Ven, 11/10/2024 - 10:07
LEXISLACIÓN:
Libros de texto e material. Curso 2024-2025
Enviado por admin o Ven, 19/07/2024 - 10:04RELACIÓN DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL DIDÁCTICO PARA O CURSO 2024-2025 |
||||||
1.º ESO |
Programa E-DIXGAL. |
|||||
2.º ESO |
||||||
3.º ESO | Fondo solidario e axudas para material escolar |
|||||
4.º ESO | ||||||
LISTAXE COMPLETA | ||||||
1.º Bacharelato |
Banco de Libros |
|||||
2.º Bacharelato |
Feira Científica Intercentros Mugardos-Neda
Enviado por fgeiras o Mér, 26/06/2024 - 10:17Na mañá do pasado 19/06/2024 celebramos a nosa Feira Científica anual, organizada polo alumnado e profesorado do Curruncho da Ciencia. Este curso quixemos enriquecela e contamos coas nosas compañeiras do IES Fernando Esquío de Neda.
A Feira tivo dúas fases, a primeira no IES de Mugardos, entre as 9.30 e as 11.30 e a segunda en Neda, entre as 12.00 e as 14.00. Contamos con postos moi diversos, tocando varios eidos como poden ser a nutrición, os primeiros auxilios, a fabricación de biodiésel, papiroflexia, investigación estatística, enredos matemáticos ou fabricación cosmética.
Dada a elevada participación en ámbolos dous centros e os comentarios recibidos por parte de alumnado e familias, consideramos que esta actividade foi todo un éxito e emprazámonos ao vindeiro curso 2024/25 para seguir divulgando contido científico.
Moitas grazas a todo ao alumnado participante de senllos institutos pola vosa implicación nos proxectos propostos. A calidade das exposicións foi moi alta.
Grazas tamén a todo o profesorado participante polo vosa dedicación e tempo. Nomeadamente, Ana Polo, Laura Viñas, Juan José Guillín, Serafín Álvarez, Alba Monteagudo, María Fernández e Fabio González.
Megabau (Mellores Expedientes)
Enviado por admin o Ven, 21/06/2024 - 18:53Parabéns ao nosos representantes no acto de recoñecemento aos Mellores Expedientes de Galicia na ABAU 2024 (#megabau): Yara Sienra, Marcos Cordeiro e Juan Fernández.
Calendario da convocatoria extraordinaria (Bacharelato e FPB)
Enviado por admin o Sáb, 15/06/2024 - 10:34Fondo solidario de libros de texto e axudas para material escolar
Enviado por admin o Xov, 13/06/2024 - 11:30
- NORMATIVA REGULADORA:
- Orde de 7 de maio de 2024 (DOG 20-5-2024) Descarga en Versión Web - Versión PDF
- Renda per cápita familiar: terase en conta o execicio fiscal de 2022
- Situación persoal e composición da unidade familiar: referido ao 31-12-2022
- FONDO SOLIDARIO LIBROS DE TEXTO:
- Pode solitar axudas para adquisición de materiral escolar todo o alumnado matriculado na ESO para o vindeiro curso.
Os niveis de renda per cápita para todo o alumnado da ESO (incluído o dos cursos Edixgal) é o seguinte: - Renda per cápita da unidade familiar igual ou inferior a 6.000€: corresponde vale de 75€
- Renda per cápita da unidade familiar entre 6.000 e 10.000€: corresponde vale de 60€
- Renda per cápita da unidade familiar superior a 10.000€: Non ten dereito a vale
- Poden solicitar as axudas do FONDO SOLIDARIO os matriculados no vindeiro curso en 3.º e 4.º ESO.
- PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES:
- Ata o 21 de xuño
- Preferentemente pola Sede Electrónica da Xunta, usando o Formulario ED330B-Anexos I e II)
- Tamén se pode presentar na Secretaría do centro. Pódese descargar aquí os impresos:
Solicitude (Anexo I)
Comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar (Anexo II)
- DEVOLUCIÓN DOS LIBROS DE TEXTO DO CURSO 2023-2024
- Na Secretaría do centro.
Finalistas no XIV Concurso Incubadora de Sondaxes e Experimentos (SGAPEIO)
Enviado por fgeiras o Dom, 26/05/2024 - 11:51VIAXES DE ESTUDOS E FIN DE CURSO
Enviado por admin o Lun, 15/04/2024 - 10:50Portugal, 25 de abril (Aveiro, Lisboa, Coimbra)
21 - 26 de abril
Portugués
Patio da Universidade de Coimbra
Spring Week - Inmersión lingüística
14 - 20 de abril
Inglés
O alumnado de 4º de ESO participa no programa de inmersión lingüística "Spring Week" que se está a levar a cabo en Mondariz. Acompaña o titor Andrés Ferreira.
Spring WeeK trátase dunha experiencia lingüística que ten lugar nesta ocasión na localidade de Mondariz. Están desenvolver actividades relacionadas coas enerxías renovables, acción polo clima e sustentabilidade, empregando o inglés como lingua vehicular. Ao final da semana terán que presentar e expoñer en grupos os seus proxectos.
Asemade mellorarán as súas habilidades de traballo en equipo, comunicación na lingua inglesa, e socialización, xa que conviven con nenos e nenas doutros centros educativos de Galicia. Ademais no tempo libre realizan actividades de lecer.
Viaxe de estudos a Bruxelas e cidades belgas
11 - 15 de abril
2LE - Francés
Alumnado de francés acompañados da profesora Ana Sánchez
|
Punto laranxa
Enviado por admin o Mar, 19/03/2024 - 16:25O Punto Laranxa é unha medida impulsada desde a Xunta de Galicia co obxectivo de erradicar o acoso e o ciberacoso nos centros educativos, grazas á colaboración de alumnado, docentes, familiares e outras persoas próximas á comunidade educativa. O anonimato pode ser ás veces un refuxio seguro á hora de comunicar estas situacións, facilitando así o logro dun cambio entre todos e todas.
COMO FUNCIONA O PUNTO LARANXA? 1. Escribe, se o desexas de maneira anónima, a túa mensaxe nun lugar onde te esteas seguro/a. 2. Localiza o Punto Laranxa . 3. Deposita na caixa do Punto Laranxa a túa mensaxe (esta caixa só pode ser aberta polo equipo docente encargado de loitar contra o acoso escolar no centro. Lembra que tamén podes achegar a túa mensaxe a través do Formulario electrónico cuxa ligazón que atoparás en todas as paxinas da web do centro. Se o estás a sufrir ou coñeces algún posible caso de acoso ou ciberacoso, axúdanos a paralo! |
Comezo da convocatoria de bolsas MEC 2024-25
Enviado por admin o Lun, 18/03/2024 - 22:13
PARA QUE ESTUDOS PODES SOLICITAR UNHA BOLSA?
Para alumnos/a que no curso 24/25 estean matriculados/as en:
COMO SOLICITALA?.
1. ENTRA NA SEDE ELECTRÓNICA. https://sede.educacion.gob.es Todo o proceso de solicitude da bolsa realízase a través da sede electrónica do Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes.
2. REXÍSTRATE.
3.ENCHE O FORMULARIO. Unha vez dentro, tes que encher o formulario en liña. Neste paso, non che pediremos que achegues documentación porque as unidades encargadas da tramitación de bolsas consultarán todos os datos necesarios para comprobar que reúnes os requisitos para solicitala. Só en determinados supostos pedirémosche que achegas algún documento concreto.
4.IMPRIME O XUSTIFICANTE DE PRESENTACION. COMPROBA SE TE ATOPAS NALGUNHA DAS SITUACIÓNS PARA REMITIR DOCUMENTACION:
Servizo de Apoio aos Servizos Educativos . Sección de Bolsas de Estudo
|
Acreditación da competencia dixital (4º. ESO e 2.º Bach.)
Enviado por admin o Lun, 11/03/2024 - 11:08
Solicitude de inscrición na probra
|
A acreditación das competencias dixitais do alumnado que cursa 4ºESO e 2º de bacharelato no curso 2023/24 regulouse nas seguintes instrucións Información acreditación
Podedes facer a solicitude de inscrición das probas específicas na secretaría do centro ata o venres, 15 de marzo inclusive. |
Saída ao CITEEC e ao CIFP Someso
Enviado por fgeiras o Lun, 19/02/2024 - 20:49No día de hoxe, o alumnado de 3ºESO e do Club de Ciencias, na compaña dos profes Miguel Poncela e Fabio González, gozou dunha dobre visita na cidade da Coruña.
Dunha banda, guiadas polos investigadores Gonzalo García-Alén, Luís Pena e Luís Cea, percorremos as instalacións do CITEEC (Centro de Innovación Tecnolóxica en Edificación e Enxeñaría Civil) da UDC, onde puidemos comprobar como se está a modelar con tecnoloxía punta as inundacións e enchentes nos cursos fluviais e nas vilas galegas. Tamén nos mostraron modelos a escala para calibrar o comportamento de presas e outras infraestruturas hidráulicas. Amais, aproveitamos a visita para coñecer a Escola Técnica Superior de Enxeñeiras de Camiños, Canles e Portos, da propia UDC, onde xogamos con estruturas de diferentes tipoloxías.
Doutra banda, o profesor do Departamento de Edificación do CIFP Someso, Juan Bello, amosounos a súa popular "vieira", un edificio senlleiro proxectado seguindo os principios de bioconstrución. Tamén puidemos pasear pola mostra de fornos e cociñas solares, emprazándonos a un futuro obradoiro para aprender máis sobre deste método de cociña sustentable e respectuosa co medio ambiente.
Inicio do procedemento de admisión
Enviado por admin o Lun, 22/01/2024 - 10:51CURSO 2024 - 2025
Solicitude de Reserva
Prazo aberto
https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/
Solicitude de reserva
1.º ESOCentros adscritos |
Solicitude de reserva
1.º BacharelatoCentros adscritos |
|
Bono Económico Alumnado Federado e Fútbol Feminino
Enviado por pcanteroc o Ven, 19/01/2024 - 08:04Desde a Xunta de Galicia habilítase unha axuda económica ás familias do alumnado que participa no Plan Xogade. No noso caso, contamos cos equipos de fútbol feminino podendo pedir estas familias este bono deportivo. Desde a web dan a entender que este bono tamén está habilitado para o alumando que ten unha ficha federativa nalgún deporte.
Este bono serve para a compra de material e equipamento deportivo para o alumno/a e a contratación de servizos relacionados coa práctica deportiva nos establecementos comerciais e entidades deportivas adheridos ao programa.
- Os bonos descárganse a través da páxina web www.bonodeporte.gal. O identificador son as iniciais do nome e apelidos seguidos da data de nacemento. Ej: Juan Boto Novo 14/12/1998 sería jbn141298.
- A descarga do bono estará dispoñible ata o 29 de febreiro de 2024. Unha vez desbloquéase disponse dese bono ata o 1 de xullo de 2024.
- Cada bono terá un valor de 120€ e valorarase como un desconto do 80% na compra ou servizo adquirido.
Teléfono para resolver dúbidas: 881996344
Correo para dúbidas: bonodeporte@xunta.gal
AVISO: número premiado no sorteo da cesta de Nadal
Enviado por admin o Mér, 27/12/2023 - 13:46
A persoa posuidora da papeleta co número 30578 pode contactar co centro a través do correo electrónico ies.mugardos@edu.xunta.gal
Entrega dos alimentos non perecedeiros a Cáritas
Enviado por admin o Mar, 19/12/2023 - 21:58
Grazas á xenerosa colaboración da comunidade educativa, un ano máis realizamos a entrega de alimentos non perecedeiros a Cáritas Parroquial de Mugardos. Grazas.
Folga estudantil (Xoves, 26 de outubro)
Enviado por admin o Lun, 23/10/2023 - 12:55O Curruncho da Ciencia
Enviado por fgeiras o Lun, 02/10/2023 - 17:10Botamos a andar.
Gústache a ciencia e sábelo!
Dende os diferentes departamentos relacionados coa ciencia do IES Mugardos, propoñeremos un calendario con actividades moi interesantes para todo o curso.
Descobriremos, investigaremos e haberá premios e agasallos pero, sobre todo, divertirémonos polos escrutables camiños da CIENCIA.
Agardámoste no primeiro recreo do vindeiro venres 06 de outubro, diante do Laboratorio.