Teléfono
 
881 938200

Correo electrónico
 
ies.mugardos@edu.xunta.gal

Enderezo
 
Rúa do Cristo s/n

  15620 Mugardos (A Coruña)

 

                  

PLATAFORMAS E AULAS VIRTUAIS
        EDIXGAL MOODLE ABALAR  
           
  RADIO  REDES   VIDEOCONFERENCIA 
 

   

        

Xeografía e Historia

Visita de Historia da Arte a Santiago de Compostela

O alumnado de Historia da Arte de 2.º Bacharelato realizou o pasado venres unha visita á cidade de Santiago de Compostela. 

 

2.º ESO : Centro de Interpretación do Caldoval

03/06/2022 11:45
03/06/2022 13:00
Europe/Madrid

Visita ao Centro de Interpretación Arqueolóxica do Caldoval

Obradoiro

Premio á creatividade "Que sucedeu en Ferrol o 10 de marzo de 1972?"

O alumnado 1.º bacharelato participou con varios traballos de creación e documentación no concurso escolar  «Que sucedeu en Ferrol o 10 de marzo de 1972?» Tratouse dunha actividade moi especial pois este ano conmemórase o 50 aniversario daqueles acontecementos. 

A entrega dos premios realizouse no centro cultural Torrente Ballester. Resultou seleccionado co premio á creatividade o vídeo producido polos alumnos Miguel Ángel Rincón, Daniel Pico, Elisabeth Bejarano, Rubén Lamzildi, Beatriz Arias e Yoel Sanjuán, dirixidos polo profesor David Millán

 

 

Charla de Francisco Rodríguez sobre o 10 de marzo

O alumando de 4.º ESO asistiu a unha charla co político e antigo deputado Francisco Rodríguez. O asunto principal da actividade xirou arredor da conmemoración do 50 aniversario do 10 de marzo de 1972. Ademais da súa intervención, realizouse a proxección dun vídeo con testemuños e explicacións dos acontecementos e realizouse un breve debate.

Artículo de opinión "La des-unión europea"

  

 

 

Dosier de prensa

 

  • Nós Diario (7 de maio, 2021)

 

 

 

 

Estrea das curtametraxes de Vidas Mariñeiras

 

Este xoves estrearonse no teatro Jofre de Ferrol as cinco curtametraxes gravadas ao abeiro do proxecto Vidas Mariñeiras organizado pola entidade Galp Golfo Ártabro Norte. Entre os traballos audiovisuais figura "Genoveva é nome de barco" gravado polo alumnado de 4.º ESO B e o profesor Miguel Gil, coa dirección da profesional Cristina de la Torre.

Os propios alumnos dos centros realizaron a presentación das súas curtametraxes. Os nosos representantes foron Adrián Vilar e Paola Alonso. A familia de Paola é precisamente a grande protagonista de "Genoveva é nome de barco".

 

De viaxe con Erasmus+ (Formación do profesorado)

O profesor de Xeografía e Historia Miguel García Valencia viaxará a próxima semana a Oxford para participar nun interesante curso que leva como título "Developing Problem Solving and Critical Thinking Skills in the classroom".

O programa ten como obxectivo apoiar aos docentes de todas as materias para desenvolveren no seus alumnos/as a capacidade de pensar por si mesmos/as, as habilidades do pensamento lateral, o razoamento verbal e non verbal e a análise crítica.

Esta actividade está incluída no proxecto ERASMUS+ aprobado pola Unión Europea para a formación profesional do claustro do IES de Mugardos e a mellora da competencia lingüística. Ao longo de dous cursos académicos, realizaremos máis de vinte mobilidades polo vello continente, desde Finlandia a Malta (xa realizadas) ou do Reino Unido a Chipre ou Portugal por citar as viaxes previstas para este curso por diferentes representantes do claustro do IES de Mugardos.

Podemos seguir as mobilidades no blog https://concuidadocontienen.blogspot.com/

Boa viaxe, Miguel V.

 

 

Visita á exposición Galegos en Mauthausen

O profesor Enrique Barrera, historiador e secretario da A.C. Memoria Historia Democrática, clausurou esta mañá co alumnado de 1.º bacharelato a exposición "Galegos en Mauthausen". A visita guiada polos paneis informativos rematou cunha charla sobre ese dramático episodio histórico que están a estudar nestes momentos. Agradecemos, asemade, á Asociación Apelón Educación a organización desta actividade.

Exposición: Holocausto (Mathausen, regreso ao campo da morte)

Ata este venres estivo no corredor de entrada do intituto a exposición sobre o holocausto (Mathausen). Para seguir ampliando a información dos paneis, podedes visitar:

Roteiro Ferrol Rebelde

O alumnado de 4.º ESO e FP Básica realizou esta semana o roteiro "Ferrol Rebelde". Trátase dun percorrido guiado polos lugares máis significativos da loita obreira na cidade ferrolá. Comeza a finais do século XIX cos nomes e lugares da publicación El trabajo (1871) e remate coa morte de Moncho Reboiras (1975).

Visita a Dombate, Borneiro e Pedra da Arca

O alumnado de 1º ESO realizou hoxe unha excursión aos principais monumentos megalíticos de Bergantiños. A visita guiada incluíu a entrada ao Centro de interpretación do dolmen de Dombate, o castro de Borneiro e mais o dolmen da Pedra da Arca. Tamén houbo tempo de gozar dun momento de descanso na praia de Balarés.

 

Eleccións, 2017

O venres, 26 de maio, celebramos no IES de Mugardos a festa da democracia. Desde o departamento de Xeografía e Historia levouse a cabo un simulacro de eleccións. Trátase dunha actividade que incide en valores tan importantes na educación como a tolerancia, o respecto e a calidade democrática.

O proceso electoral transcorreu sen incidentes, cunha alta participación do censo. Os candidatos foron madrugadores á hora de exercer o seu dereito ao voto. Velaquí as imaxes do momento.

  

 

 

  
 
 

Eleccións 2017

Tras a creación de partidos, proclamación de candidaturas, campaña electoral e debate... este venres o censo electoral do IES de Mugardos poderá exercer o dereito ao voto.

 

Conversas na biblioteca (Tempo de lembranzas)

No Día do Libro, lembramos o encontro na biblioteca co historiador Miguel A. Rodríguez, autor da obra publicada polo Concello este ano co motivo do 70 aniversario da traxedia da lancha de Mugardos; e María Victoria, supervivente do accidente.

 

Visita ao Arsenal de Ferrol

O alumnado de 1.º ESO realizou este xoves unha completa excursión ao Arsenal Militar de Ferrol. Entre as actividades programadas figuraba o bautismo de mar pola ría de Ferrol e a visita guiada á fragata Álvaro de Bazán. A xornada rematou co xantar nas instalacións e entrega de diplomas polo comandante Luis Rodríguez-Moldes.

 

 
     
 

 

 Arsenal Militar de Ferrol
23 de febreiro, 2017

 

Charla coloquio con exdeputadas/o do Parlamento de Galicia

Esa mañá o alumnado de bacharelato, 3.º e 4.º ESO asistiu á charla-coloquio con tres exdeputados do Parlamento de Galicia: Mª Dolores Faraldo Botana (PPdeG), Natividad González Laso (PSdG-PSOE) e Carlos Fernando Branco Parga (BNG). Un dos obxectivos é dar a coñecer de preto o traballo da institución autonómica. Porén, as preguntas do alumnado e o coloquio sobre a actualidade sociopolítica completan a actividade.

Visita ao Centro de interpretación arqueolóxica do Caldoval

O pasado mércores,  último día de clase, o grupo de 2.º ESO tivo a oportunidade de realizar unha visita guiada ao Centro de interpretación arqueolóxica dos restos do Caldoval. A actividade contou coa presenza do Director Xeral de Reganosa, Emilio Bruquetas, e a alcaldesa do Concello de Mugardos, Pilar Díaz.

   

"Tempo de Lembranzas" nas IV Xornadas de Patrimonio

Os profesores Manuel Pousa e Gabriela Sánchez presentaron nas IV Xornadas de Patrimonio, dedicadas á memoria oral, o proxecto "Tempo de Lembranzas".

Pódese ler unha reseña da actividade na publicación Tempos de ouro.

 

 

Vídeos do proxecto

Tempo de lembranza con Pilar Iglesias Martínez

      

O 25 de novembro asistimos na biblioteca a unha especial lección sobre a posguerra e represión franquista en Mugardos.

Co valor da historia contada en primeira persoa, dona Pilar Iglesias Martínez contounos a dolorosa lembranza da despedida do seu pai, Florentino Iglesias Varela, fusilado en xaneiro do ano 1949; tamén a historia do seu tío, o famoso guerrilleiro Pancho; ou o relato da súa propia detención como nena xunto con gran parte da familia… incluído o carro e a vaca. Entre todos os nomes, salientou a memoria da nai Antonia Martínez Leira como exemplo das grandes mulleres que en tempos tan difíciles loitaron polos seus.

Agradecemos á familia Martínez-Iglesias a xenerosidade por ofrecer ao alumnado de ESO e bacharelato a valiosa achega do seu testemuño para transmitir ás novas xeracións a memoria histórica de Mugardos.

 

Vídeo na canle Tempo de lembranzas.

Proxecto 25 de abril

O boletín da biblioteca da Escola Secundária Alfredo dos Reis Silveira (ESARS) dá conta das actividades do Proxecto 25. Trátase dun programa de colaboración entre os departamentos historia dos dous centros para a abordaxe didáctica da historia contemporánea a partir da conmemoración do 25 de abril en Portugal.

Por segundo ano, o alumnado de 1º. BAC viaxou a Lisboa, concretamente ao concello do Seixal na marxe esquerda do río Tejo, e ademais de varios actos de convivencia puido realizar unha visita guiada ao Forte de Peniche, asistir ao concerto do grupo Buraka Som Sistema e ter a vivencia da cidade de Lisboa no día sinalado do 25 de abril.

Nesta ocasión, un profesor do departamento de lingua galega continuou a estancia en Portugal a cargo de fondos europeos incluídos nun programa de mobilidade Erasmus+. O plan de traballo incluíu a presenza en aulas de lingua e literatura portuguesa e varios encontros con intercambio de experiencias e estudo da posibilidade de establecer no noso instituto a lingua portuguesa como segunda lingua estranxeira.

 Boletim BI-esARS

Imaxes na galería

25 de abril en Portugal (Viaxe de 1.º BAC)

O alumnado de 1.º BAC da modalidade de Humanidades e algúns de ciencias, está a pasar estes días no concello de Almada, localidade veciña de Lisboa, na marxe esquerda do río Tejo. A viaxe organizada polo departamento de Xeografía e Historia encádrase nun proxecto de irmanamento coa Escola Secundária Alfredo Silveira dos Reis (Torre da Marinha-Seixal). Entre as actividades previstas están o paseo pola capital lisboeta, unha visita ao penal do castelo de Peniche guiada polo histórico dirixente Álvaro Pato; e a asistencia a varios actos de celebración do 25 de abril.

Fotos na galería

Viaxe a Guimaraes (2.º ESO)

O alumnado de 2º. ESO pasará esta fin de semana na localidade portuguesa de Guimaraes dentro das actividades do Programa Terra. Desenvolven un amplo programa de actividades que inclúe a visita ao castro de Briteiros e rutas guiadas polo castelo e a cidade.

Galería de imaxes


Tempo de lembranzas

Serie de gravacións sobre a memoria histórica de Mugardos. Comeou no curso 2013-2014 cun encontro con mulleres no Local Social de Maiores e unha charla con Guillermo Gallego. A máis recente é a gravación da charla mantida con Loli Vázquez Filgueiras.

Lista de reprodución na Canle YouTube.

Charla con Loli Vázquez

 A biblioteca foi escenario hoxe dunha emotiva lección de historia a cargo de Loli Vázquez. Diante dun atento auditorio de alumnos e alumnas de 4.º ESO e bacharelato,  a coñecida mugardesa foi dando testemuño da memoria persoal, familiar e colectiva de Mugardos durante a posguerra e a  loita contra a represión franquista.

Proximamente, publicaremos a gravación da charla dentro da serie de entrevistas "Tempos de lembranza", comezadas o curso pasado.

Unha vez máis, Loli, moitas grazas.

Homenaxe a Xoán Carneiro

No derradeiro claustro do curso despedimos, por traslado voluntario de destino, ao profesor Xoán Carneiro. Para nós trátase dunha referencia indiscutible do IES de Mugardos no que impartiu docencia de xeografía e historia ao longo dos últimos 24 anos. Por iso, en nome de toda a comunidade educativa, queremos manifestar o noso recoñecemento e gratitude polo seu labor profesional e calidade humana.

A xeito de homenaxe reproducimos o discurso que como representante do profesorado pronunciou hai un ano no acto de celebración do 25.º aniversario do centro, e que colleitou moitos aplausos.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

ERIKA Y ZOE COMPRAN EN SUBASTA OBRAS DE KANDINSKY E GAUGUIN A PREZO DE SALDO.

 

As coleccionistas amosando as súas recentes adquisicións.

Yaiza, Marta, Lorena, Verónica e Fátima. Gañadoras do 1º concurso PERSONAXE + IMPORTANTE DO S. XIX

 

 

En dura final con Jesssica, Andrea e Iria (Lincoln) gañou o equipo de ELISABETH CADY STANTON, nai do feminismo. No camiño quedaron Darwin, Washington, Marx, Napoleón, Bolívar e a raiña Vitoria.

Distribuir contido