FAMILIAS - ANPA O Castro
|
Radio na Biblio
Entrevista con Patricia Casal sobre o Castelo da Palma
Enviado por admin o Dom, 25/02/2024 - 01:00
|
Escoita Radio na Biblio Antía Martínez, Eneas Pérez e Íker Fernández (4.º ESO) |
Día Mundial da Radio
Enviado por olga.mcabalar o Mar, 13/02/2024 - 11:56O alumnado de Oratoria de 3º ESO participou na celebración do Día Mundial da Radio, convocada pola plataforma Ponte...nas Ondas! cun podcast sobre o Entroido en Galicia.
O día 13 de febreiro de 2024 coincide neste ano co martes de Entroido, e sendo ésta unha das manifestacións do Patrimonio Cultural Galego-Portugués é unha boa ocasión para encher as ondas de programas co entroido como tema principal.
Entrevista a Mabel Lozano
Enviado por admin o Sáb, 25/11/2023 - 22:41
Entrevista con
|
|
Obradoiro de música e orgullo neofalante
Enviado por Serafín o Mar, 03/10/2023 - 22:23O 1 de outubro, aniversario do nacemento de Andrés Dobarro, está a ser a data elixida para celebrar o día do Orgullo Neofalante. Con ese gran obxectivo de unir música e novos falantes para a lingua galega, o alumnado de 1.º ESO asistiu hoxe ao obradoiro de creación de pódcast sobre música en galego. Foi impartido por Andrea Rico, organizado como unha das últimas actividades do servizo de dinamización lingüística da mancomunidade de concellos.
Tras un breve repaso musical desde os tempos de Andrés Dobarro ata os do Xabarín Club, escoitamos moita música galega actual.Rematamos co gran tema dos Dakidarría, "Somos un pobo de artistas". Agora tócalles aos rapaces contarnos esta historia nun próximo programa de radio. Atentos logo a Radio na Biblio.