FAMILIAS - ANPA O Castro
|
FP Básica
Reunión de titorías
Enviado por admin o Sáb, 19/10/2024 - 12:22Recollida de títulos de bacharel e graduado ESO e técnico FP Básica
Enviado por admin o Lun, 10/06/2024 - 20:17
AVISO: Xa están dispoñibles para a súa recollida na secretaría do centro os títulos de graduado en Educación Secundaria Obrigatoria (ESO), Bacharelato e FP Básica que remataron no ano 2022 e anteriores. Para poder recollelo é imprescindíbel que o realice persoalmente o/a interesado/a e que acredite a súa identidade mediante o DNI. |
Comezo da convocatoria de bolsas MEC 2024-25
Enviado por admin o Lun, 18/03/2024 - 22:13
PARA QUE ESTUDOS PODES SOLICITAR UNHA BOLSA?
Para alumnos/a que no curso 24/25 estean matriculados/as en:
COMO SOLICITALA?.
1. ENTRA NA SEDE ELECTRÓNICA. https://sede.educacion.gob.es Todo o proceso de solicitude da bolsa realízase a través da sede electrónica do Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes.
2. REXÍSTRATE.
3.ENCHE O FORMULARIO. Unha vez dentro, tes que encher o formulario en liña. Neste paso, non che pediremos que achegues documentación porque as unidades encargadas da tramitación de bolsas consultarán todos os datos necesarios para comprobar que reúnes os requisitos para solicitala. Só en determinados supostos pedirémosche que achegas algún documento concreto.
4.IMPRIME O XUSTIFICANTE DE PRESENTACION. COMPROBA SE TE ATOPAS NALGUNHA DAS SITUACIÓNS PARA REMITIR DOCUMENTACION:
Servizo de Apoio aos Servizos Educativos . Sección de Bolsas de Estudo
|
Ciclos Básicos: Agroxardinería e composicións florais
Enviado por orientacion o Dom, 02/07/2023 - 19:03Sabías que a FP ten máis grados que o medio e o superior? Pois si, temos ademáis os ciclos básicos, e os cursos de especialización (másters de FP).
Nesta ocasións imos centrarnos nos Ciclos da Formación Profesional FP Básica. Lonxe do que pensa moita xente, non son unha medida de atención á diversidade, son un itinerario diferente á ESO que permite conseguir: o título da ESO, un título profesional básico, e o nivel básico de riscos laborais. Se as aulas da ESO non se axustan ás túas necesidades, esta pode ser a túa opción. Para cursala, iso si, precisas ser orientada/o polo equipo docente hacia este itinerario.
Tes unha oferta variada na comarca que poderás atopar neste enlace:https://www.edu.xunta.gal/fp/webfm_send/10228. No noso centro contamos cun ciclo vinculado coa natureza, con alta empregabilidade e con posibilidades de ampliar estudos: podes cursar un ciclo medio, un superior e incluso un grao univesitario (Paisaxismo). Se non queres continuar nesta familia profesional, non tes problema en solicitar praza noutra familias diferente. Como podes ver as ventaxas son moitas!
Déixovos este folletiño coa información mási destacada, espero que sexa do voso interese:
Copia de FPB ACCESO A CURSO 22-23 de Piensosiento Soy
Recurso de reposición de bolsas de estudo do curso 2022/2023
Enviado por admin o Mar, 11/04/2023 - 09:22DATAS DE SOLICITUDE DAS BOLSAS DO MINISTERIO
Enviado por orientacion o Sáb, 18/03/2023 - 11:58En breve abrirase prazo de solicitude das becas do Ministerio. O alumnado do centro que pode solicitala é o alumnado que o próximo curso ten pensado iniciar ou continuar estudos en Ciclos formativos de FPB, Ciclos Medios ou superiores, Bacharelato e Universidade. Lembrade que a solicitude realízase online.
Se precisades axuda, solicitade cita en Orientación.
ENTREGA DE NOTAS
Enviado por admin o Xov, 16/03/2023 - 13:30Entrega dos boletíns de notas
VENRES: 17 de marzo
Publicación en ABALAR a partir das 16:00 horas.
Visita á central hidroeléctrica e fragas do Eume
Enviado por fgeiras o Sáb, 11/03/2023 - 13:19
O pasado 7 de marzo, o alumando de 1º e 2º de FPB realizou unha saída no marco das unidades de produción de enerxía eléctrica. Neste caso, aproveitamos a oportunidade que nos brinda o organismo de bacía, Augas de Galicia e o explotador do sistema no río Eume, Endesa, para comprender mellor o funcionamento da infraestrutura que permite a xeración de enerxía limpa.
Comezamos a visita na Central do Eume, na marxe esquerda do río, a onde chegan as augas encoradas na presa do Eume, augas arriba. Puidemos comprender os sistemas de control, tanto hidráulicos como eléctricos, e comprobamos in situ o funcionamento das dúas turbinas e alternadores que aproveitan a forza da auga para xerar máis de 50 MW.
Posteriormente, os enxeñeiros da presa guiáronnos pola propia estrutura de 103 m de altura e 250 m de perímetro superior, explicándonnos como se construiu nos anos 50 do século pasado e como funciona a día de hoxe. Aparentemente, está en perfecto estado de saúde.
Para rematar a visita, aproveitamos este entorno privilexiado para facer unha ruta polos sendeiros da ribeira do Eume, ata o mosteiro de Caaveiro, o que nos permitiu tamén colaborar co reto do camiño proposto polo IES.
Reunión de titorías cos pais e nais (Martes, 11 de outubro)
Enviado por admin o Lun, 03/10/2022 - 21:07Folga do 23 de setembro
Enviado por admin o Xov, 22/09/2022 - 12:07NOTA: Non afecta a 1.º e 2.º ESO.
Entrega cualificacións extraordinaria (FPBÁSICA)
Enviado por admin o Sáb, 25/06/2022 - 14:22Entrega das cualificación da final extraordinaria - FPBásica
1.º e 2.º FPB: Luns, 27 de xuño ás 11:00 horas
Visita a centros de Formación Profesional
Enviado por admin o Mér, 30/03/2022 - 12:48O alumnado de 2.º ESO e FP Básica compartiu este martes a visita a outros centros de ensino. A saída comezou polo CIPF Ferrolterra no que recibiron explicacións sobre os diferentes ciclos que imparten alí. Na segunda parte da xornada desprazáronse ata o CFEA Sergude, un centro especialidado na familia profesional agraria.
CIPF Ferrolterra
CFEA Sergude
Emprende no rural. "Dá o paso"
Enviado por patriciablanco o Dom, 20/02/2022 - 13:39Malia as dificultades técnicas, o alumnado de FPBásica asistiu á actividade formativa "Dá o paso. Emprende no rural" impusada pola Casa Grande de Xanceda.
Recollida de alimentos non perecedeiros
Enviado por admin o Lun, 06/12/2021 - 21:30
DATAS: do 1 ata o 20 de decembro
LUGAR: entrada do IES de Mugardos
DESTINO: Cáritas
ENTREGA
ENTREGA DE NOTAS (ESO, FPB, 1.º Bach.)
Enviado por admin o Ven, 26/11/2021 - 23:59Entrega dos boletíns de notas
- Alumnado: titores/as
- Publicación ABALAR: 16:00 horas
Búscanse humoristas
Enviado por admin o Xov, 04/02/2021 - 13:19Catálogo de arranxos florais para San Valentín
Enviado por patriciablanco o Mar, 02/02/2021 - 17:58Realiza a túa encarga xa!!!
11 DE XANEIRO: Regreso ás aulas
Enviado por admin o Mar, 29/12/2020 - 13:328 DE XANEIRO: festivo de centro (dÍa non lectivo)
Enviado por admin o Dom, 27/12/2020 - 14:26Feliz día de San Cidre
Enviado por mario.soto o Ven, 15/05/2020 - 12:27O coidado da terra e a agricultura sostible serán fundamentais para saír adiante.
Hoxe e todos os días do ano... #pensaenverde !!!
Na Feira de Orientación de Ferrolterra
Enviado por admin o Dom, 08/03/2020 - 21:09
Un ano máis, o noso IES Mugardos colaborando na información e asesoramento do alumnado da comarca.
Malas herbas de 1°curso e Arte floral de 2°curso trouxeron á mostra de Orientación de Ferrolterra:
-unha demostración de como deseñar bonsais
-prantiñas para agasallar (as que ademáis de alegrar a vista permiten facer control de plagas, e tomateiras)
-arranxos florais e,
-o obradoiro de kokedamas que tanto gusta.
Grazas Amelia, orientadora do Leixa, por invitarnos un ano máis!