FAMILIAS - ANPA O Castro
|
Guía de estudos do IES de Mugardos
ESO |
A Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) é unha etapa educativa obrigatoria e gratuíta que completa a educación básica. Consta de catro cursos académicos que se realizarán ordinariamente entre os 12 e os 16 anos de idade. Poderase repetir un máximo de dous cursos e permacecer, no réxime ordinario, ata os 18 anos de idade cumpridos no ano en que finalice o curso. Un alumno/a e os seus pais poden decidir, desde o momento en que cumpre 16 anos, dar por finalizada a súa escolarización obrigatoria nesta etapa, en cuxo caso se lle estenderá o correspondente Certificado de Escolaridade en que consten os anos e materias cursadas. No IES MUGARDOS veñen aplicándose os seguintes criterios de promoción e titulación: MÁIS INFORMACIÓN: |
|
||||
BAC |
O bacharelato forma parte da educación secundaria postobrigatoria e, polo tanto, ten carácter voluntario. Consta de dous cursos académicos que se realizan ordinariamente entre os 16 e 18 anos de idade. Pódese permanecer cursando o bacharelato ata catro cursos académicos.
Comisión Interuniversitaria de Galicia (CiUG) - |
|
||||
PCPI | Programas de Cualificación Profesional Inicial | |||||
ESA |
No IES de Mugardos impártese a segunda etapa da Educación Secundaria para persoas Adultas conducente á obtención do título de graduado. Organízase en dous niveis e neles cúrsanse tres ámbitos de coñecementos. |
|
||||
Programa CUALE |
O programa para a formación complementaria da aprendizaxe de linguas estranxeiras abrangue entre outros os cursos dirixidos ao alumnado de 3º e 4º da ESO coa fin de preparalo para as probas de certificación dos niveis correspondentes á Escola Oficial de Idiomas, A1 e A2 respectivamente. |
|