Teléfono
 
881 938200

Correo electrónico
 
ies.mugardos@edu.xunta.gal

Enderezo
 
Rúa do Cristo s/n

  15620 Mugardos (A Coruña)

 

                  

PLATAFORMAS E AULAS VIRTUAIS
        EDIXGAL MOODLE ABALAR  
           
  RADIO  REDES   VIDEOCONFERENCIA 
 

   

        

Nova sesión do Programa de Mellora

O luns 13 de febreiro o biólogo e profesor Edmundo López, acompanado de Ofelia Lubián -profesora de Filosofía e responsable do Blog "O recanto verde"  preparou un tema difícil "Qué comemos?" no que abordou científicamente o compricado tema da alimentación.

Mostrounos que a pirámide dos alimentos é agora substituida pola Roda da Alimentación, máis cómoda de interpretar e na que temos que fixarnos nos tamaños dos sectores (maior tamaño implica máis consumo) e dos tamaños das figuras (maior tamaño implica maior beneficio). As, por exemplo,  podemos ver que é máis beneficioso o aceite virxe de oliva seguido da manteiga e das margarinas.

Por certo, na enquisa previa feita aos rapaces ao inicio da sesión, varios deles (delas), uns cinco ou seis afirmaron que non almorzaban nada, é dicir, que chegan ao instituto sen inxerir ningún alimento dende a noite anterior. Preocupante, son rapaces de 13-14 anos.