FAMILIAS - ANPA O Castro
|
Educación Secundaria Obrigatoria (ESO)
A Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) ten como finalidade:
- Lograr que todos adquiran os elementos básicos da cultura: humanísticos, artísticos, científicos e tecnolóxicos.
- Desenvolver e consolidar hábitos de estudo e de traballo.
- Preparar para a incorporación a estudos posteriores e para a súa inserción laboral.
- Formar todos para o exercicio dos seus dereitos e obrigas na vida como cidadáns.
Poderase repetir un máximo de dous cursos e permanecer, en réxime ordinario, ata os dezaoito anos de idade cumprida no ano en que finalice o curso.
Un alumno e os seus pais poden decidir, desde o momento en que aquel cumpre 16 anos de idade, dar por finalizada a súa escolarización obrigatoria nesta etapa, en cuxo caso se lle estenderá o correspondente Certificado de Escolaridade en que consten os anos e materias cursadas.
Ler máis: Ministerio de Educación Guía do Sistema Educativo Galego (10 idiomas) |