FAMILIAS - ANPA O Castro
|
Bacharelato
No IES de Mugardos impártense dúas modalidades de bacharelato:
- Ciencia e tecnoloxía
- Humanidades e ciencias sociais
Poderase permanecer cursando bacharelato un máximo de catro cursos académicos.
Rematado o bacharelato, en calquera das súas modalidades, obtense o título de bacharelato. Para obter este título é necesaria a avaliación positiva en todas as materias e nos dous cursos correspondentes á modalidade elixida.
O título permite, sempre que se cumpran os requisitos administrativos esixidos, o acceso ao ensino superior tras superar unha proba que, xunto coas cualificacións obtidas, valorará a madurez académica e os coñecementos adquiridos, así como a capacidade para seguir con éxito os estudos universitarios. O título de bacharelato habilita tamén para incorporarse á formación profesional de grao superior.
Lexislación:
|