Teléfono
 
881 938200

Correo electrónico
 
ies.mugardos@edu.xunta.gal

Enderezo
 
Rúa do Cristo s/n

  15620 Mugardos (A Coruña)

 

                  

PLATAFORMAS E AULAS VIRTUAIS
        EDIXGAL MOODLE ABALAR  
           
  RADIO  REDES   VIDEOCONFERENCIA 
 

   

        

Traballo Nadal

Para estas vacacións debedes facer un video individualmente ou en grupo acerca dunha das seguintes cuestións: as revolucións de 1830, as de 1848, o anarquismo, o comunismo (marxismo), a expansión da democracia na Europa do XIX, a loita polos dereitos da muller antes de 1914 e a unificación alemana ou a italiana.

Os videos deberán ter banda sonora da época (non exclusivamente), ofrecer algunha fonte primaria (texto escrito na época),  usar como base o libro de texto (para facer as liñas xerais), incluir anécdotas, imaxes do período, obras arquitectónicas e biografías. Debe indicarse a procedencia do material. Os videos poden facerse como querades, aconsello os tres modelos ensinados na aula: con carteles, con bonecos ou con escenificacións (ou combinación de todas).

Avaliarei a calidade da información, a entrega en plazo, a calidade do son, a amenidade, a duración, o número de membros do grupo e a duración. Espero que o pasedes ben facéndoo.