FAMILIAS - ANPA O Castro
|
Trigonometría en vivo
A clase de matemáticas de 1º BAC B o xoves 1 de decembro foi unha clase distinta. Houbo cálculos trigonométricos en vivo. Cos fráxiles medidores de ángulos creados para a ocasión e loitando contra o vento, ao final os papaces e rapazas foron capaces de calcular a pendente da Rúa Alta no seu tramo final, a altura da Igrexa de San Xulián e mesmo canto mide a Cruz coa que culmina a igrexa. Os traballos teñen moita calidade, aquí podedes ver un que se entregou en formato dixital. Agora teñen outro reto a elixir: a distancia entre Punta Ratón e o Muelle, canto mide a palmera de Mugardos ou en Ares a distancia entre Rampares e o porto. Seguro que fan moi bos traballos.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
Trigonometría en vivo.pdf | 587.63 KB |