FAMILIAS - ANPA O Castro
|
E-LBE2: unha biblioteca dixital
Que é?
É unha plataforma préstamo de contidos dixitais que conta con milleiros de títulos que estarán dispoñibles para ler ou escoitar
en todo tipo de dispositivos (ordenador, tablet ou móbil), polo que poderás facer uso en calquera momento e lugar.
Como podo facer uso dela?
Todos os usuarios e usuarias (profesorado e alumnado) poden obter as claves para acceder pedíndoas na biblioteca do centro.
Algúns cursos xa están a facer uso da plataforma, pois imos entregandoas de forma gradual nas aulas.
Que nos ofrece a plataforma?
-Coleccións con temáticas específicas: aprendizaxe de idiomas, robótica, saúde, nutrición, apoio a materias, acceso a revistas
e literatura para todos os ciclos e etapas, entre outras.
-Catálogo intelixente: Recomendacións de lectura a medida que vai coñecendo os gustos dos/as usuarios/as.
-Módulo de accesibilidade para axudar aos lectores: tipografía específica para dislexia e lectura en audio de todos os libros dispoñibles.
-Lectura en calquera momento e lugar: accesible 24/7 e modalidade de lectura online e offline, o que permite ler sen conexión.
-Acceso desde 6 dispositivos diferentes e sincronización no último punto de acceso, permitindo tamén ás familias poder disfrutar desta solución.
-Estatísticas de lectura en tempo real.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
elbe_instruccións.pdf | 866.49 KB |