Teléfono
 
881 938200

Correo electrónico
 
ies.mugardos@edu.xunta.gal

Enderezo
 
Rúa do Cristo s/n

  15620 Mugardos (A Coruña)

 

                  

PLATAFORMAS E AULAS VIRTUAIS
        EDIXGAL MOODLE ABALAR  
           
  RADIO  REDES   VIDEOCONFERENCIA 
 

   

        

Goodbye to Bea

 Today we have the pleasure of sharing with you a very special video presented by three of our wonderful Sixth Form school students: Marta Marticorena, Ánxela Barcia and Aroa Vidal. Here, they interview our language assistant, Bea Bautista, where she talks about her country of origin, the Philippines, her experience living and working in Galicia and her favorite hobbies. This video is a unique opportunity to learn more about the Filipino culture and Bea's vision of our land.

In addition, we want to take this opportunity to say goodbye to Bea, as we do not know if she will be with us next year. Her contribution was invaluable and we are sure she will leave an indelible mark on all of us. Bea not only helped us improve our English, but also taught us a lot about cultural diversity and mutual respect.

Thank you so much, Bea, for your dedication, patience and enthusiasm. We wish you all the best in your future projects and hope that you take with you fond memories of our school and our community!

Love,

Laura, Leti, Yoli e Amparo

Hoxe temos o pracer de compartir con vós un vídeo moi especial presentado por tres das nosas marabillosas alumnas de 1º de Bacharelato: Marta Marticorena, Ánxela Barcia e Aroa Vidal. Nel, entrevistan á nosa auxiliar de conversa, Bea Bautista, onde fala sobre o seu país de orixe, Filipinas, a súa experiencia vivindo e traballando en Galicia e os seus pasatempos favoritos. Este vídeo é unha oportunidade única para coñecer máis sobre a cultura filipina e a visión de Bea sobre a nosa terra.

Ademais, queremos aproveitar esta ocasión para despedirmos de Bea, xa que non sabemos se o vindeiro curso seguirá connosco. A súa contribución foi inestimable e abofé que deixará unha pegada imborrable en todos nós. Bea non só nos axudou a mellorar o noso inglés, senón que tamén nos ensinou moito sobre a diversidade cultural e o respecto mutuo.

Moitas grazas, Bea, pola túa dedicación, paciencia e entusiasmo. Desexámosche o mellor en todos os teus futuros proxectos e esperamos que leves contigo bos recordos do noso colexio e da nosa comunidade!

Apertas,

Laura, Leti, Yoli e Amparo