FAMILIAS - ANPA O Castro
|
VISITA A FORESTAL DEL ATLÁNTICO
O pasado luns 13 de Maio rematamos o curso escolar en 2ºBAC e como colofón visitamos co alumnado de ciencias deste nivel as instalacións dunha das empresas "referente" da comarca. A Actividade industrial de Forestal del Atlántico é tan variada que consideramos necesario amosarlle ao noso alumnado o potencial que posúe e que está máis preto do que parece. Desde a fabricación de novolacas, o acabado de taboleiros prensados e sobre todo o prometedor proxecto de fabricación de metanol verde, para o cal xa conta coa licencia correspondente e para o que xa están reconvertindo as instalacións...Este proxecto está subvencionado pola Unión Europea e esperáse que en poucos anos use o dióxido de carbono liberado na planta de coxeneración de gas e o hidróxeno producido na electrolise de auga, para obter o metanol, materia prima de moitos procesos de síntese industrial. En definitiva, unha empresa que permitirá dar emprego a máis de 100 persoas, e que será unha das locomotoras que tire da economía da zona.
Tdoo isto nos foi explicado coa amabilidade de sempre por parte de persoal cualificado da empresa, á cal lle agradecemos a súa predisposición para publicitar a súa actividade e aproximar un pouco máis o mundo laboral a un alumnado que está a piques de entrar nel.
O que xa non acompañou moito foi a meteoroloxía, pero iso xa é outra historia ;-)