FAMILIAS - ANPA O Castro
|
Punto laranxa
Enviado por admin o Mar, 19/03/2024 - 16:25
O Punto Laranxa é unha medida impulsada desde a Xunta de Galicia co obxectivo de erradicar o acoso e o ciberacoso nos centros educativos, grazas á colaboración de alumnado, docentes, familiares e outras persoas próximas á comunidade educativa. O anonimato pode ser ás veces un refuxio seguro á hora de comunicar estas situacións, facilitando así o logro dun cambio entre todos e todas.
COMO FUNCIONA O PUNTO LARANXA? 1. Escribe, se o desexas de maneira anónima, a túa mensaxe nun lugar onde te esteas seguro/a. 2. Localiza o Punto Laranxa . 3. Deposita na caixa do Punto Laranxa a túa mensaxe (esta caixa só pode ser aberta polo equipo docente encargado de loitar contra o acoso escolar no centro. Lembra que tamén podes achegar a túa mensaxe a través do Formulario electrónico cuxa ligazón que atoparás en todas as paxinas da web do centro. Se o estás a sufrir ou coñeces algún posible caso de acoso ou ciberacoso, axúdanos a paralo! |